Propietarios forestais de Lourenzá venderanlle a Ence 30.000 toneladas de eucalipto

A compañía pasteira pecha un novo acordo de compra de madeira na Mariña lucense

Propietarios forestais de Lourenzá venderanlle a Ence 30.000 toneladas de eucalipto

Ence pechou un acordo para os próximos seis meses.

Os produtores forestais que conforman a Asociación Forestal do Val de Lourenzá, pertencentes ós concellos de Trabada, Barreiros e Lourenzá, venderanlle a Ence ata 30.000 toneladas de madeira nos próximos seis meses. O acordo vén a sumarse a outros anteriores pechados nas últimas semanas pola compañía pasteira na Mariña lucense e en Mañón (A Coruña).

Igual que en acordos anteriores, Ence primará a madeira certificada e tamén aquela procesada en couto redondo, é dicir, o suministro de madeira de fincas colindantes. Con esta medida, que pode supoñer primas de ata 4 euros por tonelada, Ence reduce custos de saca e estimula o traballo conxunto dos propietarios forestais. A xestión conxunta, entende a compañía, é fundamental para impulsar a competitividade da madeira galega no mercado global.

Ence valora de xeito positivo os avances que se están a impulsar en tal sentido por parte de propietarios forestais da Mariña, Ortigueira e Ferrolterra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información