Programa de formación apícola da EFA Fonteboa

Programa de formación apícola da EFA Fonteboa

Xornada formativa impartida por Apilarouco

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), ven de presentar o seu Programa de Formación Apícola 2018/2019. A formación estrutúrase en catro bloques: no primeiro impartiranse os fundamentos básicos da apicultura; no segundo analizarase a invernada e a preparación e o mantemento das colmeas; no terceiro, en primavera, impartirase formación sobre a reprodución do apiario e no cuarto explicarase como protexer as abellas fronte aos ataques doutras pragas e os produtos que se poden obter da colmea.

A formación impartirase os mércores en horario de 19 a 21:00 horas. O custo é de 60 euros por módulo e de 200 euros todo o programa completo. As persoas socias da EFA Fonteboa teñen desconto.

Os interesados poden chamar ao teléfono 981 73 30 51 ou enviar un correo electrónico a formacion@fonteboa.es

PROGRAMA_APICULTURA_FONTEBOA_2018

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información