Programa da xornada técnica sobre ”Especies arbóreas alternativas fronte ao cambio climático”

Publicidade
Data inicio: 06/09/2018
Data fin: 06/09/2018
Lugar: Centro de Investigación Forestal de Lourizán, España

O Centro de investigación Forestal de Lourizán organiza para o vindeiro 6 de setembro unha xornada técnica sobre ”Especies arbóreas alternativas fronte ao cambio climático”.

A xornada está dirixida a técnicos da administración e de empresas forestais, membros das comunidades de montes veciñais en man común, propietarios forestais, titulados de ciclos formativos da rama Agro-forestal e público en xeral interesado no tema.

Velaquí o programa:

9:30 h Benvida e presentación da xornada e descrición do proxecto Arco Atlántico REINFFORCE.
Dr. Enrique Martínez Chamorro, Director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e Dr. Francisco Javier Silva Pando, Centro de Investigación Forestal de Lourizán

10:00 h Base científica da variabilidade climática. O caso galego. D. Sven Brands METEOGALICIA

10:30 h Os arboretos e parcelas de demostración REINFFORCE instalados polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán.Resultados obtidos. Dr. Francisco Javier Silva Pando, Centro de Investigación Forestal de Lourizán

11:00 h PAUSA-CAFÉ

11:30 h Pragas e enfermidades detectadas nos arboretos REINFFORCE en Galicia. Dra. Rosa Pérez Otero. Estación Fitopatolóxica de Areeiro

12:00 h Os arboretos e parcelas de demostración REINFFORCE instalados no País Vasco. Dra. Nahia Gartzia Bengoetxea, NEIKER, Derio

16:00 – 18:00 h Visita de campo:

Visita á parcela do arboreto REINFFORCE de Lourizán:
Dña. Mª José Rozados Lorenzo (Centro de Investigación Forestal de Lourizán),
Dra. Nahia Gartzia Bengoetxea e Dr. Francisco JavierSilva Pando

Visita ás coleccións do Xardín Botánico de Lourizán:
Dr. Francisco Javier Silva Pando e Dña. Mª José Rozados Lorenzo.

Inscrición gratuíta:

Inscrición previa e gratuíta a través da páxina web da Consellería do Medio Rural . 

Cubrir a folla de inscrición correspondente á xornada e enviar a: infolourizan.mr@xunta.gal

O aforo limitado e a reserva de prazas é por orde de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información