Programa da xornada sobre mellora no manexo de gando bovino en Agolada

Publicidade
Data inicio: 25/11/2016
Data fin: 25/11/2016
Lugar: Agolada, Pontevedra, España

O concello pontevedrés de Agolada acolle o próximo venres, 25 de novembro, a segunda edición da Xornada Técnica sobre a Mellora no Manexo do Gando Bovino, organizada pola asociación O Parapeto.

A xornada celebrarase no local da terceira idade de Agolada e a inscrición é gratuíta. O programa das xornadas é o seguinte:

Inauguración a cargo da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto

11:00 Rutinas de muxido. Ariadna Fernández González, veterinaria da Cooperativa Campodeza.

11:45 Eficiencia na fertilización dos cultivos forraxeiros. Adrián Varela Pérez, técnico agronómico na Cooperativa Icos.

12:15 Pausa do café

12:30 Nova experiencia coa queixería na cooperativa Cobideza. Sonia Martínez Buján, técnica agrícola da Cooperativa Cobideza.

Do sistema de pastoreo á produción ecolóxica. Marta Ledesma Martín Pintado e Inés López Currás, veterinarias da Cooperativa Cobideza.

13:15 A xenómica: efectos nos plans de selección. Mauricio de los Santos, veterinario xenetista de Xenética Fontao S.A.

14:00 Xantar na parrillada de Agolada. Clausura a cargo de José Mejuto Carballal, vicepresidente da Asociación O Parapeto e D. Ramiro Varela Peón, alcalde do Concello de Agolada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información