Programa da Semana das Abellas de Ferrol

Programa da Semana das Abellas de Ferrol

Obreiras coa raíña no centro

Dende este venres, 16, e ata o día 21 o Centro Cultura Carvalho Calero de Ferrol acollerá a Semana das Abellas, unhas xornadas organizadas por DAGA Ferrolterra e nas que se inclúen unha exposición educativa ambiental e charlas técnicas sobre a Vespa velutina.

A exposición educativa ambiental sobre o mundo das abellas, a súa importancia medioambiental e os problemas orixinados pola Vespa velutina estará aberta pola tarde para o público en xeral, mentres que en horario de mañá recibirá visitas de grupos de escolares.

Charlas técnicas:

-19 de novembro ás 19 h. “Os custes para os produtores de mel na loita contra a vespa asiática”. Por Ana I. García Arias e María Amparo Ferreira Golpe. Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria – Departamento de Economía Aplicada. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. USC

-20 de novembro ás 19 h. “Procura de patóxenos autóctonos de Vespa velutina”. Por Xulio Maside Rodríguez. Grupo de Xenómica Comparada de Parasitos Humanos. Grupo de Medicina Xenómica. USC

-21 de novembro ás 19 h. “Protocolo de actuación ante as picaduras dos himenópteros”. Por Pilar Iriarte Sotes. Médico Adxunto de Alergoloxía do Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información