Programa da reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Publicidade
Programa da reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
Data inicio: 21/04/2017
Data fin: 22/04/2017
Lugar: Praza de España, 15, 27220 Friol, Lugo, España

Xa está disponible o programa da III Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes que se celebrará os días 21 e 22 de abril no Centro Sociocultural de Friol (Lugo), e con visitas a ganderías de Friol e de Palas de Rei. A reunión deste ano centrarase na produción ecolóxica, baixo o lema “A gandería de produción ecolóxica en Galicia”.

Programa da III reunión de primavera:

21 de abril:

-9:00 a 9:45 horas. Recepción dos asistentes.
-9:45 a 10:15 horas. Apertura a cargo de José Ángel Santos, alcalde de Friol; José Antonio Fernández, presidente do Craega, e Eloi Villada, presidente da SGPF.
-10:15 a 10:45 horas. A produción gandeira ecolóxica en Galicia. Manuel María Cancio, director técnico do Craega.

-10:45 a 11:30 horas. Situación e perspectivas da produción de leite ecolóxico en Galicia. Yann Pouliquen, de Xestión Agrogandeira e Natureza SL.

-11:30 a 12:00 horas. Pausa café.

-12:00 a 12:45 horas. Características dos pensos na produción ecolóxica. Rafael Pardo, técnico comercial de Ecofeed/Campoastur S. Coop. Ast.

-12:45 a 13:30 horas. Fertilización en pradeiras na produción ecolóxica. Joan Alibés, Beealia SC.

-14:00 horas. Xantar en Casa Benigno (Friol).

-16.00 horas. Presentación e debate de ganderías e industrias lácteas. Modera: Yann Pouliquen.
Participan: José Ángel Rivas, Casa Codesal (gandería de leite); Guillermo Martínez, Casa Grande de Xanceda (gandería e industria láctea) e José González, xefe de compras de Leche Celta SL (industria láctea).

-18:00 horas. Presentación e debate de ganderías e comercializadores de carne. Modera: Joan Alibés. Participan: Isabel Gómez, Traloagro SL (gandería de vacún e de polos); Gema Sanpedro, Cabuxa Natur SC (gandería de cabrún) e Javier Carballada, de Gandería Carballada (produtor e comercializador de carne de vacún).

-20:00 horas. Fin da primeira xornada.

22 de abril.

9:30 horas. Encontro e café en Casa Benigno (Friol).
10:00 horas. Visita a Casa Codesal.
11:00 horas. Visita a Cabuxa Natur.
12:00 horas. Visita a Burgo de Negral, S. Coop. Cooperativa de produción de leite.
13:00 horas. Visita a Traloagro.

14.00 horas. Xantar en Palas de Rei.

16:00 horas. Visita a Granxa Arqueixal. Produción e transformación de leite vacún.

17:30 horas. Conclusións e debate sobre a reunión. Castelo de Pambre.

18:30 horas. Acto de clausura no Castelo de Pambre co nomeamento de socios de honra da SGPF.

Inscricións:

As inscricións deberán facerse enviando un mail a sgpf.galicia@gmail.com ou chamando aos teléfonos 619 03 27 91 ou 686 620 154.

Para a asistencia á reunión é necesario a inscrición e reserva dos xantares, que son 15 euros por persoa.

A data límite de inscrición é o luns 17 de abril.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *