Programa da III Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos

Publicidade
Data inicio: 25/11/2016
Data fin: 26/11/2016
Lugar: Cervantes, Lugo, España

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza a III Reunión de Outono os vindeiros 25 e 26 de novembro en San Román de Cervantes, no Concello de Cervantes (Lugo).

Nesta edición a Reunión de Outono centrarase no sector cárnico coas intervencións de Román Sánchez, xerente da Cooperativa A Carqueixa; Santiago Crecente, investigador do CIAM, e unha mesa redonda con experiencias de retorno de mozos e mozas á actividade agraria da zona. O sábado realizaranse visitas a ganderías dos concellos de Becerreá e Cervantes.

Para asistir á reunión compre inscribirse a través de calquera das seguintes vías:

Teléfonos de contacto: 686 620 154 (Eloi Villada), 619 032 91 (Joan Alibés) ou 982 364 560 (CRD de Cervantes).

Enderezo electrónico: sgpf.galicia@gmail.com

Velaquí o programa da reunión:

reunion_outono_sociedade_galega_pastos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *