Programa da Escola Eu Rural: formación práctica para vivir do agro no Baixo Miño

Publicidade
Programa da Escola Eu Rural: formación práctica para vivir do agro no Baixo Miño

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, á esquerda, coa presidenta de AcuBam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño), Patricia Rodríguez

A presidenta da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV – Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentou este luns a Escola Eu Rural e o programa de actividades para 2017, orientado a una formación eminentemente práctica, e gratuíta, para a xente que vive no agro e do agro.

De feito, o itinerario formativo, que se desenvolve conxuntamente coa Asociación de Cultivadores Baixo Miño (ACUBAM) denomínase “Cos pés na terra”.

Trátase dun conxunto de actividades de información e demostración subvencionadas polo FEADER no marco do PDR Galicia 2014-2020, que se executarán no segundo semestre de 2017 e primeiro trimestre de 2018, dirixidas á poboación e persoas traballadoras do medio rural e centradas fundamentalmente no ámbito agrario, forestal e agroalimentario.

As accións executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona. Poderán participar nas accións persoas de todo o territorio de competencia da ADR MAIV-Baixo Miño, previa inscrición e admisión de acordo cos criterios de selección establecidos.

A inscrición pódese efectuar a través da web www.eurural.org.

Programa de actividades “Cos pés na terra”:

“Enxertos en plantas de verán”.
-Datas: 28 e 29 de agosto e 4 e 5 de setembro de 2017. Horario: 16 – 21 horas. 20 horas de duración. 20 prazas.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Imparte: Santiago Ramos Rodríguez.

“Preparación de solos, podas e variedades en especies froiteiras atlánticas”.
-Datas: 6 de setembro en horario de 16 – 20.30 horas, 7 de setembro de 10 -14 horas e 16 – 20.30 horas, 8 de setembro de 9.30 – 14 horas e 22 de setembro de 19 – 21.30 horas. 20 horas de duración. 20 prazas.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Imparten: Jose Luis Álvarez Fernández (días 6, 7 e 8 de setembro) e Francisco Otero Otero (día 22 de setembro).

“Ferramentas para emprender”.
-Datas: 11, 14, 18 e, 21 de setembro de 2017. De 17 horas a 20 horas.12 horas de duración. Prazas limitadas, previa inscrición, ata o límite do aforo.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Imparte: Gonzalo Garre Rodas.

“A experiencia de especies froiteiras noutros territorios: visita a Asturias”
-Datas: 28 e 29 de setembro de 2017. 30 prazas.
-Coordina: Jose Luis Álvarez Fernández.

“Pragas: sistemas de control e novas tecnoloxías no emprego de produtos fitosanitarios” – (ACUBAM)
-Datas: 2, 3, 9 e 10 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.20 horas de duración.
30 prazas.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Imparte: Jose Luis Andrés Ares.

“Uso eficiente da auga  nas explotacións” – (ACUBAM)
-Datas: 13 de outubro de 16 – 21 horas, 14 de outubro de 9 – 14 horas, 20 de outubro de 16 – 21 horas, 21 de outubro de 9 – 14 horas. 20 horas de duración e 30 prazas.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Imparte: Rafael Carrera Díaz.

“Novas alternativas para o agro: networking sobre vendas”
-Datas: 19 de outubro de 10 – 14 horas  e  16 – 20 horas. Prazas limitadas, previa inscrición, ata o límite do aforo.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Coordina: Gonzalo Garre Rodas.

“Enxertos en plantas de inverno”
-Datas: 5 e 6 de febreiro de 2018 de 16 – 21 horas e 5 e 6 de marzo de 16 – 21 horas.20 horas de duración e 20 prazas.
-Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño.
-Imparte: Santiago Ramos Rodríguez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información