A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Programa da 54ª Feira do Viño do Ribeiro

Programa da 54ª Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os próximos días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as actividades musicais que terán lugar durante a presente edición.

As actuacións previstas serán:

Sábado 29 abril 2017
-Sesión viño aperitivo: Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Roger de Flor”
-Sesión nocturna: Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “En Mala Hora”

Domingo 30 abril 2017
-Sesión viño aperitivo: Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Marem Ladson”
-Sesión nocturna: Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “The Teta´s Van”

Luns 1 maio 2017
Sesión viño aperitivo: Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Gonzalo Arca”

As actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, veñen cubrir unha demanda, tanto de público asistente en edicións anteriores como dos propios adegueiros e colleiteiros participantes, que complementará a oferta vitivinícola, turística, cultural e gastronómica do evento. Desde a organización se aposta por grupos e artistas locais, de rexistros variados e por un estilo de música “para todo o mundo”, ambientando distintamente segundo as franxas horarias do día.

O escenario das actuacións estará situado na zona das Food Trucks, na que haberá cinco postos de comida máis unha pulpeira, lugar no que se ofertará unha gastronomía variada e moi apetecible para todos os públicos.

Tamén se repite este ano a actividade “Ribeirolandia”, que funcionou con éxito na edición anterior e que deixou moi satisfeitos a nenos, pais e avós. Desta forma, durante os tres días do evento, na parte superior da Alameda, coñecida como Picuxa, en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h, os máis pequenos dispoñerán dun espazo de xogo e lecer para divertirse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *