Problemas na aplicación informática de solicitude das axudas da PAC

O Sindicato Labrego empraza ó Ministerio de Agricultura a buscar alternativas para evitar que queden peticións de subvencións sen tramitar

Publicidade
Problemas na aplicación informática de solicitude das axudas da PAC

O prazo de solicitude das axudas conclúe o 15 de xuño.

O Ministerio de Agricultura anunciou recentemente que ampliaba o prazo de solicitude das axudas da PAC ata o 15 de xuño, pero para o Sindicato Labrego trátase dunha medida insuficiente, á vista de como está a funcionar a aplicación para tramitar as peticións, chamada Sgapac.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) asegura que o Sgapac é un sistema obsoleto no que a persoa que tenta tramitar unha axuda pode pasar ata unha xornada enteira sen dalo feito debido a súa “extrema lentitude” e a que o programa “queda colgado en canto comezas a subir fotos das fincas obxecto da solicitude”.

Ante esta situación, a organización agraria considera complicado que se poidan tramitar a tempo todas as peticións de axudas da PAC, “mesmo a pesares de que moitas entidades que se adican ó tramite contrataron a persoal extra”, sinala o SLG en nota de prensa.

Desde o Sindicato Labrego emprázase ó Ministerio a buscar alternativas e a solventar no posible os problemas informáticos que está causando a aplicación para tramitar a PAC.

Una idea sobre “Problemas na aplicación informática de solicitude das axudas da PAC

  1. Link

    UPA denuncia el despilfarro de 10 millones de euros en una aplicacion para solicitar la PAC “que no funciona”

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información