Prevén unha caída de prezos dos produtos lácteos debido á crise do coronavirus

O Institut de l´Elévage (IDELE) francés acaba de publicar un informe no que avisa dun caída das cotizacións dos produtos lácteos debido á crise do Covid-19, algo que xa se está a notar nos prezos da manteiga e do leite en pó desnatado

O Institut de l´Elévage (IDELE) francés acaba de publicar un informe no que avisa dun descenso das cotización dos produtos lácteos no mercado internacional debido á crise do Covid-19. Isto xa é unha evidencia nos prezos do leite en pó desnatado e da manteiga, e podería extenderse aos queixos e ao leite en pó enteiro.

O 2020 presentábase como positivo para os principais países produtores, cun incremento de produción na UE liderado por Alemaña, Francia e os Países Baixos. Un aumento da produción de leite en orixe animado polas boas perspectivas dos mercados lácteos, unha situación que tamén se repetiu nos primeiros meses do ano en Estados Unidos, e que permitiu compensar a caída da produción en Nova Zelandia.

“Sen embargo, se a produción láctea aínda non se viu afectada polas consecuencias da epidemia do Covid-19, os mercados internacionais de produtos lácteos xa sufrion un declive en febreiro, que podería alongarse nas vindeiras semanas, en función das medidas tomadas polos diferentes países e da reacción dos compradores sobre o mercado mundial”, informan dende o IDELE.

“A situación podería deteriorarse se hai unha baixada da demanda, sobre todo nos países de Oriente Medio, cuxas economías se resinten pola baixada dos prezos do petróleo, e se os mercados non compran agardando a que os prezos dos produtos lácteos baixen aínda máis”, continúa a análise do instituto francés.

O prezo do leite en pó desnatado desplómase 80 euros en 4 semanas

idele coronavirus lacteos 6

Así, un dos produtos lácteos que máis notou a crise do Covid-19 foi o leite en pó desnatado, un produto que experimentara un notable encarecemento nos últimos anos, axudando a manter os prezos do leite en orixe. Porén, e tal e como advirte o informe do IDELE, “en febreiro o mercado internacional das proteínas lácteas é claramente sombrizo, xa que despois de máis 20 meses de suba ininterrompida, o leite en pó destanado na Unión Europea baixou 80 euros a tonelada en 4 semanas”.

Caída no prezo da manteiga

O prezo da manteiga no mercado europeo tamén está á baixa, despois de permanecer estable -no entorno dos 360 euros a tonelada- nos últimos 6 meses, caeu nas últimas semanas ata os 350 euros a tonelada de media na UE e a 336 euros no caso de Francia.

“Se se compra a evolución interanual, con respecto a marzo de 2019, o prezo da manteiga caeu un 17% na Unión Europea, mentres que en Estados Unidos xa viña experimentando unha leve baixada de prezos dende mediados de 2019. A manteiga en Nova Zelandia baixou menos a súa cotización en febreiro, probablemente pola menor produción de leite”, explica o informe do IDELE.

idele coronavirus lacteos 1 idele coronavirus lacteos 3 idele coronavirus lacteos 2

Estabilidade nos prezos dos queixos

Ata mediados de marzo as cotizacións dos queixos no mercado internacional permanecía estables, cunha media de 305 euros a tonelada o queixo Cheddar, 326 o Edam, 327 o Gouda e 482 euros a tonelada o Emmental. A este respecto, o informe afirma que “ata comezos de xaneiro a demanda internacional e europea de queixos era firme, cun incremento das exportacións europeas, ata a propagación mundial do Covid-19”.

Respecto ás previsións de futuro do mercado internacional de produtos lácteos, os expertos do IDELE conclúen que “nas vindeiras semanas, a caída das cotizacións do leite en pó desnatado tería que alongarse, a un ritmo difícil de prever, pois as incógnitas son moitas, e esta caída de prezos estenderíase tamén aos prezos do leite en pó enteiro e dos queixos”.

“Aínda que os mercados aínda aparecen equilibrados, os compradores van adiar as súas compras e así acelerar a tendencia baixista dos produtos lácteos nos mercados internacionais”, remata o estudo.

idele coronavirus lacteos 5 idele coronavirus lacteos 4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información