Preto do 47% das explotacións agrogandeiras xa teñen como titular a unha muller

A conselleira do Medio Rural salienta que o 25% dos proxectos do rematado Leader 2007-2013 contaba con mulleres na súa elaboración e para o novo período 2014-2020 preténdese mellorar os resultados

Preto do 47% das explotacións agrogandeiras xa teñen como titular a unha muller

Ángeles Vázquez no Parlamento

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, interveu esta tarde no Parlamento de Galicia para falar do papel da muller no agro, un papel que, destacou, “dende a Xunta de Galicia no só se está tratando de facer visible, senón de incentivar como elemento estratéxico para o crecemento económico do rural”.

Así, salientou que hoxe en día as mulleres xa son titulares do 46,95% das explotacións galegas, en total 31.001 empresas. Practicamente a mesma cifra que os homes, o 47,76% con 31.539 granxas. O resto son explotacións non rexistradas a título individual.

No que respecta ao ámbito rural, Ángeles Vázquez asegurou que desde a consellería se están a desenvolver programas encamiñados a conseguir servizos como garderías ou centros de día que permitan conciliar o traballo no campo coa familia. Neste senso, salientou que o Programa Leader dá tamén maior puntuación ás iniciativas empresariais presentadas por mulleres.

De feito, o 25% dos proxectos do rematado Leader 2007-2013 contaba con mulleres na súa elaboración e para o novo período 2014-2020 preténdese aínda mellorar os resultados anteriores, favorecendo unha maior concreción das axudas en proxectos que vertebren o rural e faciliten as políticas de igualdade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información