Preséntase a VI Feira da Sidra de A Estrada máis internacional

Preséntase a VI Feira da Sidra de A Estrada máis internacional

Presentación da Feira da Sidra da Estrada en Santiago de Compostela

A Asociación Maceira e Sidra de A Estrada, creada en 2012 por produtores de maza e elaboradores de sidra co fin de recuperar a elaboración de sidra natural e ecolóxica, presentou este sábado na a Praza de Abastos de Santiago de Compostela, a VI edición da Feira da Sidra de A Estrada, que se celebrará o próximo 3 de xuño.

Á presentación asistiron Xosé Carlos López Campos, alcalde de A Estrada, Xosé Antonio López Pampín, presidente da asociación Maceira e Sidra, así como membros da cooperativa Ullama e outras personalidades invitadas ao acto.

A Feira da Sidra, é un evento consolidado e nesta edición está previsto a participación dun maior número de lagares ademais de ter como novidade a entrada a lagares de fóra do Estado. Ademais das estradenses e as do resto de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela-León, terán presenza lagares do norte de Portugal, Francia, Inglaterra e Alemaña.

Continuando co formato habitual, a feira se celebrará na Praza do Concello, cun programa que empezará ás 12.00 horas coa degustación. Nesta edición, os lagares terán carteis informativos e expositores onde poderán exhibir as distintas variedades de sidras que ofrecen. Ademais, os fabricantes potenciarán as degustacións do produto para difundir as distintas variedades de sidra e iniciar ao público non entendido nas cuestións básicas do mundo da sidra.

A degustación manterá os prezos do pasado año, tendo o público que comprar un vaso cun prezo de 5 euros, e que poderá encher as veces que queira, tanto pola mañá como pola tarde, ata fin de existencias.

Ás 19.00 horas está prevista a entrega do premio Grolo de Ouro á mellor sidra, se entregarán diplomas a todos os participantes e ademais haberá unha actuación musical patrocinada pola firma Maeloc.

A Estrada, cultura e tradición

En A Estrada hai dende sempre unha cultura da produción de maza de mesa e sidra así como a súa produción. En A Estrada ainda se conservan lagares antigos dedicados á produción de sidra; non hai persoa maior de 45 anos que non coñeza a elaboración e consumo de sidra, xa que na maioría dos lugares de A Estrada, facíase sidra.

Dende 1995 vense recuperando e potenciando as plantacións de maza de sidra e anotándose a maioría no CRAEGA. No ano 2002 créase a cooperativa Maceiras do Ulla-Ullama, que tamén é operador no CRAEGA

A maza que se produce en A Estrada é na súa maioría produción ecolóxica, inscrita no CRAEGA, e vendese a Custrom drinks en Chantada para elaborar a sidra ecolóxica Maeloc. Dende hai 5 anos estase a recuperar a produción de sidra principalmente ecolóxica, xurdindo lagares co rexistro sanitario e inscritos no CRAEGA, no concello de A Estrada.

Sobre a Asociación Maceira e Sidra

No ano 2012 naceu a Asociación Maceira e Sidra de A Estrada, formada por produtores de maza e elaboradores de sidra, co fin de recuperar a elaboración de sidra natural e ecolóxica.

Dita Asociación ven realizando dende o 2012 a Feira da Sidra da Estrada, potenciando a produción e consumo de sidra ecolóxica.

A asociación pódese considerar como a máis potente no sector produtor e elaborador de sidra de Galicia, xa que engloba a cooperativa Ullama, con máis superficie e produtores de maza ecolóxica, así como lagares produtores tanto de sidra como de derivados (marmeladas e zumes).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información