Presentación en Galicia do libro “La ciudad agropolitana / La aldea cosmopolita”

O vindeiro sábado, 14 de decembro, presentarase en Galicia o libro “La ciudad agropolitana / La aldea cosmopolita”, de Jaime Izquierdo Vallina, comisionado para o reto demográfico do Goberno do Principado de Asturias.

A presentación será no Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, na Casa da Cultura da Pastoriza (Lugo) ás 21:00 horas.

Jaime Izquierdo Vallina é ensaísta, articulista, conferenciante habitual e autor de varios libros, preferentemente ensaios sobre temáticas rurais e de desenvolvemento territorial, como“Manual para agentes de desarrollo rural” (2001); “El regreso del señor Hoffmann y otros relatos de ambiente entero” (2005); “Marqueses, funcionarios políticos y pastores” (2006); “Asturias, región agropolitana: las nuevas relaciones entre el campo y la ciudad en la sociedad posindustrial” (2008); “La casa de mi padre: manual para la reinserción de los territorios campesinos en la sociedad contemporánea” (2012);”La conservación cultural de la naturaleza” (2013); “La gestión creativa del cabreo” (2017) y el más reciente “La ciudad agropolitana / La aldea cosmopolita” (2019).

Foi distinguido con numerosos premios e recoñecementos, como o Premio Europeo á Conservación do Patrimonio Natural e Cultural da Fundación Británica para a Conservación (Viena, 1991); o premio Adolfo Posada de investigación (Oviedo, 2001) ou o Premio Fundación César Manrique a proxectos ambientais alternativos (Lanzarote, 2003).

Actualmente ocupa o cargo de Comisionado para o reto demográfico do Goberno do Principado de Asturias.CHARLA REPOBOACION PASTORIZA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información