Preocupación pola paralización do mercado da pataca para industria a raíz do coronavirus

Publicidade
Preocupación pola paralización do mercado da pataca para industria a raíz do coronavirus

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) ven de emitir un comunicado no que alerta da paralización da venda da pataca para industria.

E é que mentres que a pataca branca -sobre todo da variedade kennebec- está a ter boa saída comercial para a venda na distribución, a variedade Agria, a que máis se sementa na Limia, viu paralizada a súa venda á industria de frito, debido ao peche de bares e restaurantes como consecuencia do coronavirus.

“Na Limia estímase que hai 4.000.000 kg de tubérculo de calidade, da variedade Agria maiormente, almacenada en boas condicións, (….) polo que débese actuar con premura para darlle unha saída comercial. Do contrario, verémonos abocados á perda total e destrucción desta pataca, co conseguinte prexuicio económico que isto supón na Limia”, explican dende ADEGAL.

Estímáse que a produción total de pataca na Limia situouse na última campaña nuns 120 millóns de quilos, situándose nos últimos meses a variedade Agria nunha media de 20 céntimos o quilo.

Dende Adegal déronlle traslado ó Conselleiro do Medio Rural, desta problemática, “sendo conscientes en todo momento das diversas problemáticas que estamos a vivir no país”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información