Premiados na XX Cata dos Queixos e XVI Cata dos Meles de Galicia

Premiados na XX Cata dos Queixos e XVI Cata dos Meles de Galicia

Premiados na XX Cata dos Queixos de Galicia e XVI Cata dos Meles de Galicia

A localidade lucense de Vilalba acolleu este martes a gala de entrega dos galardóns da XX Cata dos Queixos de Galicia e XVI Cata dos Meles de Galicia, organizadas pola Consellería do Medio Rural.

Na categoría de Queixo Tetilla os premiados foron Ruta Xacobea (ouro), Bo queixo (prata) e Queinaga (bronce). Na Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa os galardóns foron para Queinaga (ouro), Castillo de Pambre (prata) e El Labrador Estradense (bronce); e en Arzúa-Ulloa curado, o premio foi para Barral, da queixería do mesmo nome.

Na DO. San Simón da Costa o queixo que logrou o ouro foi Daniberto, CasLeiras logrou a prata e Don Crisanto alzouse co bronce. E en queixo de O Cebreiro, os galardóns foron para Castelo e Gran Despensa-Real Abadía de Samos.

Meles premiados: Alfimel, gran triunfadora

Polo que respecta á XVI Cata dos Meles de Galicia, o ouro foi para Alfimel. O Colmear de Sara-BrezoMel do Saldoiro gañaron respectivamente as mencións de ouro, prata e bronce en categoría monofloral. Alfimel, Mel do Saldoiro e O Trobo-Mel do Valadouro, nesta orde, as mencións de multiflorais.

premiados_catas_queixos_17

Feijóo anuncia un Plan de Promoción da Calidade Agroalimentaria cunha dotación de 34 millóns de euros ata o ano 2020

A gala de entrega destes premios estivo presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen garantiu o compromiso co sector agroalimentario, por medio do Plan de promoción da calidade agroalimentaria 2020 para que o sector siga medrando e consolidar Galicia como sinónimo de calidade. “Unha iniciativa que, dotada con máis de 34 millóns de euros, nace co convencemento de que en Galicia a calidade é a clave da nosa produción agroalimentaria” aseverou.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información