Premiados na XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Adega Santa Marta SAT co seu viño Viñaredo Godello, foi a gañadora en brancos, e adega Eladio Santalla Paradelo foino en tintos co seu viño Hacienda Ucediños mencia

Publicidade
Premiados na XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Foto dos viños premiados

A XVIII Feira do Viño de Valdeorras xa ten os seus sete viños premiados e domingo déronse a coñecer nun acto no que estivo o presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat, o alcalde do Barco, Alfredo García e un membro do comité de cata, José Ramón Carlón.

A elección dos viños realizouse na cata que se celebrou o xoves, 9, e o venres, 10, na sede do Consello Regulador deValdeorras en Vilamartin coa presenza de 10 expertos e 34 viños que se presentaron a concurso das 16 adegas presentes na feira.

Gañadores XVI Cata da XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Brancos
1º premio: Adega Santa Marta SAT co seu viño Viñaredo Godello
2º premio: Adega A Coroa SAT co seu viño A Coroa Godello
3º premio: Adega Guitián e Branco SC co seu viño D ´ Berna Godello

Tintos
1º premio: Adega Eladio Santalla Paradelo co seu viño Hacienda Ucediños mencia
2º premio: Adegas Ruchel SL co seu viño Ruchel Secretos mencia
3º premio: Adega Quinta da Peza SL co seu viño Quinta da Peza mencia

Mención especial Vinos doutras anadas
Adega Roandi SL co seu viño Domus Roandi 2011

Cata popular con éxito de público

Unha vez entregados os premios celebrouse unha cata popular dirixida pola sumiller, Mercedes González, no propio recinto feiral da Praza de Viloira. Os viños catados foron os gañadores da XVI Cata da Feira do Viño. A actividade contou coa asistencia de numeroso público que atenderon as explicacións dadas pola sumiller sobre as características de cada viño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información