Poxa e Concurso de raza Rubia Galega este sábado en Adai

Poxa e Concurso de raza Rubia Galega este sábado en Adai

O recinto gandeiro de Adai, no municipio lucense do Corgo, será o escenario este sábado LXXXVII Poxa e do XXIX Concurso de Raza Rubia Galega, organizados pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga). A organización espera reunir este ano a máis de 100 animais selectos que se presentarán tanto ao concurso como á poxa.

A retirada de cartóns abrirase ás 11.00 horas no mesmo recinto feiral e o inicio da poxa será unha hora máis tarde. Ademais de Acruga, poxaranse animais procedentes de explotacións de gandeiros de Antas de Ulla, As Nogais, O Caurel, Lugo, Palas de Rei e Samos. En total se realizaranse 18 poxas: catro machos e sete femias, propiedade de varios gandeiros lucenses, ademais de sete xovencas de Acruga, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, onde a asociación de raza Rubia colabora coa Deputación de Lugo na recría de gando selecto.

As xovencas de Acruga partirán cun prezo de saída de 1.800 euros, mentres que o prezo de saída do resto de animais presentados a poxa establéceno os propios gandeiros.

O que terán todos os gandeiros que se adxudiquen algunha destas reses é unha axuda á compra de Caixa Rural Galega, establecida en 200 euros para as femias e en 300 euros para os machos.

Concurso de raza Rubia Galega

Paralelamente á poxa, celebrarase o Concurso Nacional, que este ano alcanza o seu vixésimo novena edición. No participan gandeiros con explotacións en Castroverde, O Corgo (3), Palas de Rei, Baleira, Rois (A Coruña) e Samos. Todos eles acoden a Adai coas súas mellores reses para presentalas ás distintas categorías dun concurso que este ano reunirá a uns 90 animais: 17 deles machos e 73 femias.

Haberá sete seccións no concurso con premios para os tres primeiros clasificados. As categorías son: sementais de máis de 26 meses; xatos de 14 a 26 meses; becerros de 8 a 14 meses; vacas paridas; xovencas de 18 a 42 meses; becerras de 8 a 18 meses e machos e femias ata 8 meses de idade.

Na edición desta feira, Acruga conta coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; da Deputación de Lugo e do Concello do Corgo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información