A poxa de xovencas de Acruga en Pedrafita sáldase cun prezo medio de 2.075 euros

Os seis animais subastados foron adxudicados a gandeiros de Lalín, Monforte e Pedrafita

A poxa de xovencas de Acruga en Pedrafita sáldase cun prezo medio de 2.075 euros

Poxa de xovencas de rubia galega celebrada en Pedrafita do Cebreiro. / Imaxes: Acruga.

Pedrafita do Cebreiro volveu celebrar un ano máis unha poxa concurrida e con bos resultados. A Asociación de Criadores de Rubia Gallega (Acruga) presentaba no seu mercado gandeiro seis xovencas preñadas procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, da Deputación de Lugo, cun prezo de saída de 1.800 euros. Os animais adxudicáronse finalmente a un prezo medio de 2.075 euros, cinco euros máis que na primeira poxa do ano, celebrada o pasado mes en Becerreá.

As maiores cotizacións foron para dúas xovencas, preñadas ámbalas dúas de seis meses e medio, que se adxudicaron a gandeiros de Lalín e do propio concello de Pedrafita a 2.250 euros cada unha. Houbo un gandeiro de Monforte que se fixo con outras dúas reses da subasta e as dúas restantes foron para compradores locais. Todos eles contaron co apoio de Caixa Rural, que concede unha axuda de 200 euros pola compra de cada animal.

O presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, César Dorado, amosouse satisfeito co resultado da poxa, que “vén a demostrar que a demanda da raza Rubia Gallega é cada vez maior”.

Granxa Gayoso Castro
As reses que Acruga leva ás poxas, como a que onte se celebrou en Pedrafita, proceden do rabaño de elite da granxa Gayoso Castro, onde son seleccionadas polas súas cualidades xenéticas, produtoras e morfolóxicas. Trátase, ademais, de exemplares con todas as garantías sanitarias e para os que se coida ao máximo aspectos da crianza como a alimentación.

Neste sentido, o responsable de Medio Rural da Deputación, Lino Rodríguez, presente na poxa, lembroulle aos gandeiros como “no centro de recría aliméntase ás novillas cunha mestura especial a base de silo de millo, xirasol e herba seca, unha ración que complementa ó pastoreo”.

Xunto ao responsable de Medio Rural da Deputación, estiveron outras autoridades, como o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo, quen leva anos apoiando a celebración de poxas de Acruga na súa localidade en abril e setembro, e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información