Poxa de xovencas de Acruga en A Fonsagrada

A Asociación de Criadores de Rubia Galega inicia este sábado a tempada de subastas con 5 exemplares do centro de recría da Granxa Gayoso Castro

Poxa de xovencas de Acruga en A Fonsagrada

Poxa de Acruga. / Arquivo.

O recinto gandeiro da Fonsagrada acollerá este sábado a partir das 12 horas unha poxa de xovencas organizada pola Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga). Participarán na subasta 5 exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. Son xovencas de entre 23 e 25 meses e están preñadas de 2-3 meses.

O prezo de saída dos animais é de 1.800 euros e cada un deles contará cunha axuda á compra de 200 euros que aporta Caixa Rural Galega. As persoas interesadas en puxar por algún destes animais poderá retirar as tarxetas no mesmo recinto feiral desde as 11 da mañá deste sábado.

Desde Acruga destacan que a subasta de mañá sábado abre a tempada de poxas organizadas pola asociación e confían en continuar na liña de boas vendas e cotizacións do último ano.

Paralelamente á poxa, o mercado gandeiro da Fonsagrada acolle mañá un concurso morfolóxico, no marco das festas patronais da localidade.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información