Plantas tóxicas para o gando vacún

Con que plantas se poden intoxicar as vacas? Resumo do relatorio de Juan Vicente González, profesor do Departamento de Medicamento e Cirurxía Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, durante a I Xornada Técnica de Vacún de Leite de Agrocantabria

Con que plantas se poden intoxicar as nosas vacas? A lista de vexetais que poden provocar danos e mesmo a morte é longa e inclúe especies das que descoñecemos o seu poder nocivo no gando vacún como a cebola, o allo ou a verza.

Para profundar nesta problemática, que provoca cada ano miles de mortes de animais, a cooperativa AGC AgroCantabria incluíu na súa I Xornada Técnica de Vacún de Leite, celebrada o pasado mes de outubro, un relatorio dun dos maiores expertos nesta materia: Juan Vicente González, profesor do Departamento de Medicamento e Cirurxía Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid .

“A adelfa, unha planta común nos nosos xardíns, é sen dúbida a que máis vacas mata. E as micotoxinas son moi comúns en todas as forraxes, pero non chegan a matar vacas adultas aínda que si provocar danos na súa saúde. E por suposto, a problemática das plantas tóxicas en gando vacún afecta máis ás vacas que están en pastoreo que ás que están estabuladas, nas que hai un maior control sobre o que comen”, avanza o profesor.

1) Verduras tóxicas para as vacas

Hai moitas plantas comúns nocivas para as vacas, como a cebola, o allo ou os os allos porros porque teñen un compoñente tóxico – o tiosulfato- que lles rompe os glóbulos vermellos, e poden chegar a morrer desangradas.

As verzas, as coles tamén son nocivas, pois producen roturas de glóbulos vermellos e poden chegar a producir dano pulmonar.

2) Alimentos comúns tóxicos e alimentos alterados

Alfalfa e veza: Provocan moitas intoxicacións cando son comidas polo gando vacún en fresco ou en feno. “Cando os animais están habituados a unha ración pobre como palla ou restrollos e de súpeto comen feno de alfalfa ou de veza, con moita proteína, eses aminoácidos transfórmanse no rume nun produto tóxico, que provoca danos no sistema sanguíneo. Ademais, se a vaca inxere moita alfalfa fresca pódese timpanizar, paralizando o rume”, advirte Juan Vicente González.

Por outra banda, a cebadilla ou os silos de forraxes (millo, herba…etc) poden ser contaminados por fungos e estes producir as famosas micotoxinas. “Os problemas van desde infertilidade e abortos nas vacas, e no caso da aflatoxina risco de compostos cancerígenos no leite. Á vaca a aflatoxina non lle fai nada, pero as tenreiras poden morrer de morte súbita por aflotoxina debido a un fallo hepático ou de forma crónica por cirrose”, asgura o profesor da Universidade Complutense.

Outro problema dos alimentos alterados é a toxina botulínica, un dos velenos máis potentes, procucido polo fungo Clostridium botulinicum. “A causa máis común é que ao facer o silo quede dentro atrapado un animal morto, como un gato ou un raposo, que en condicións de ausencia de osíxeno e de presenza de proteíñas, como é o caso dun silo, desenvolve o fungo e a toxina”, explica.

Se o alimento contaminado é inxerido polo gando pode matar a centos de animais nunha explotación. “Tamén ás veces silos de herba, de forraxes proteicas, mal fermentados e conservados, que non baixaron o PH, poden producir clostridium. Ademais, as esporas desta bacteria viven no chan polo que se se mete terra no silo pode contaminar a forraxe”, engade.

Neste sentido, Juan Vicente González recomenda extremar as precaucións para non meter un animal morto dentro do silo e se se detecta retirar todo o silo ao redor. “E sobre todo, o silo debe ter suficiente azucre para fermentar ben e baixar o PH”, conclúe.

4) Plantas tóxicas

-Landras: Sempre que as vacas coman poucas e outra comida non hai problema, os danos aparecen cando comen só landras, pois paralízalles o rume. “É moi difícil recuperar unha vaca neses casos, e se sobrevive terá importantes fallos renais polos taninos que conteñen as landras”, explica o profesor da Complutense.

“As landras son un alimento para o gando pero sempre que coman pouca cantidade e con outra comida. Se comen só landras ou moitas landras vailles producir unha indixestión terrible, a vaca deixa para comer e o rume paralízase. Ademais, as landras teñen toxinas, taninos, que en cantidade grande dana os riles de forma permanente”, precisa.

-Fentos: Se os comen de forma espaciada e en moi pouca cantidade non hai problema, pero no caso de que coman máis cantidade produciralles tumores na vincha -vexiga- e ouriñarán sangue, provocándolles a morte. “Un consumo alto en pouco tempo vai producir aplaxia medular: todas as células da medula ósea deixan de producir globulos vermellos e brancos e plaquetas, polo que van morrer por calquera infección”, engade.

Adelfa

Adelfa

-Adelfa: É das plantas máis tóxicas que hai, pois tres follas chegan a matar unha vaca. Afectan ao corazón, provocando un ritmo cardíaco moi baixo, e ao intestino. “É a planta que máis citas ten no mundo de intoxicacións mortais en vacas. De feito, un estudo realizado en California, concluíu que a adelfa é responsable do 80% das mortes de vacas por intoxicacións con plantas”, advirte Juan Vicente González .

As intoxicacións prodúcense cando se poda un xardín ou unha vía pública, onde tamén hai adelfas, e eses restos dánselles como alimento ás vacas, que acaban morrendo por parada cardíaca. Tamén provoca irritación de intestino, provocando unha diarrea con moco branco.

Cañaeja

Cañaeja

-Cañaeja ou celula communis: Esta planta produce curaminas, un composto tóxico moi parecido ao veleno das ratas, a walfarina. Provoca que non coagule o sangue, xa que con ese veleno non funciona a vitamina K e os animais morren desangrados. “É unha planta que agroma moi cedo e ás veces cando o gando cómea ao ser o único verde que hai nos prados provoca mortes por hemorraxias internas, con vultos e puntos vermellos nos ollos, vulva e fuciño”, explica.

-Teixo: Toda a planta é moi venenosa, agás a parte laranxa e brillante dos froitos da planta femia. Moi poucas follas matan unha vaca. Conífera moi empregada en xardinaría polo que as mortes de vacas prodúcense cando se lles dá para comer estes restos.

Cicuta

Cicuta

-Cicuta: A súa raíz é mortal para as vacas, que as poden comer en gabias ou en beiras de ríos onde quedaron ao descuberto. Se só comen as follas non morren, pero se está entre 40 e 60 días de preñez provoca malformacións nos tenreiros, podéndose confundir con BVD.

-Senecio: Produce cirrose hepática (hictericia, hemorraxia e tolemia). Medra silvestre, con flores amarelas. Afecta tamén a vacas adultas. A vaca non a come a excepción que pase moita fame.

-Ricino:

Acónico:

-Rododendro:

-Semper juniperus: provocan abortos das vacas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información