Permítense as queimas de restos agrícolas a partir do luns 11 e reactívase a pesca fluvial

Permítense as queimas de restos agrícolas a partir do luns 11 e reactívase a pesca fluvial

A incorporación do persoal de reforzo en extinción de incendios a partir do luns 11 leva á Xunta a levantar a suspensión das queimas de restos agrícolas.

A Xunta decidiu levantar a suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos. Poderán facerse, previa comunicación ou autorización previa, segundo corresponda, a partir do luns 11 de maio. Respecto das comunicacións ou autorizacións efectuadas antes do 13 de marzo, cando o Centro de Coordinación Operativa decidira suspender as queimas, a Administración precisa que deberán tramitarse de novo.

Medio Rural xa acordara o pasado 25 de abril permitir de xeito excepcional, por razóns fitosanitarias, queimas en explotacións profesionais en tanto durase o estado de emerxencia. Non obstante, coa incorporación do persoal de reforzo en extinción de incendios a partir do luns 11, a Administración entende que xa é posible retomar todas as actuacións de queimas en terreos rústicos.

Por outra banda, a Xunta acordou tamén restablecer a pesca fluvial, se ben os pescadores terán as mesmas restriccións de mobilidade e franxas horarias ás que están sometidos todos os cidadáns.

2 ideas sobre “Permítense as queimas de restos agrícolas a partir do luns 11 e reactívase a pesca fluvial

  1. darío lado vila

    Podían poñer unha foto actual e real. Así non nos dan a profesionalidade que Demandamos dende hai moitos anos.

    Contestar
  2. Demi Grante

    Permítense as queimas a partir do luns pero non se pode pedir permiso dende a páxina web da Xunta, cando ben se sabe que cando o solicitas dancho para un par de días despois.
    Entón o luns aínda no se poderá queimar.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información