Pazo de Anzuxao, premiado como mellor queixo madurado de vaca de España

O Ministerio de Agricultura recoñece o tetilla da queixaría lalinense co galardón Alimentos de España 2019 nun certame que busca dar a coñecer os queixos españois de maior calidade e mellores propiedades organolépticas

anzuxao_08

Gama de produtos Anzuxao, co queixo tetilla á esquerda

O queixo da Denominación de Orixe Tetilla de Lácteos Anzuxao acaba de ser recoñecido co premio Alimentos de España 2019 na modalidade de mellor queixo madurado de vaca. Pazo de Anzuxao, o tetilla desta queixaría afincada en Lalín, levouse o galardón tras unha cata independente na que participaron 223 queixos.

Segundo informa o propio Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, concedeu o “Premio Alimentos de España Mellores Queixos, ano 2019” nas súas modalidades de “Mellor Queixo Madurado de Vaca”, “Mellor Queixo Madurado de Ovella”, “Mellor Queixo Madurado de Cabra”, “Mellor Queixo Madurado de Mestura” e “Mellor Queixo Madurado con Mofos ou Queixo Azul” e o Premio Especial Alimentos de España ao Mellor Queixo 2019. Son uns premios que teñen como finalidade promocionar e dar a coñecer os queixos españois de maior calidade e propiedades organolépticas, así como estimular aos produtores para obter queixos de calidade.

Nesta décima edición, o queixo que recibiu maior puntuación organoléptica na cata cega levada a cabo polo Panel de Catadores foi “ Cremositos do Zújar”, presentado por Arteserena SL, de Campanario (Badaxoz), e por iso conseguiu o Premio Especial Alimentos de España ao Mellor Queixo 2019; logrando tamén o galardón ao Mellor Queixo Madurado de Ovella.

Un total de 223 queixos participantes

Nesta edición participaron 223 queixos cuxa selección tivo lugar a finais do pasado mes de outubro no Laboratorio Agroalimentario de Santander, dependente do Ministerio. Para elixir os gañadores, o Goberno contou con 24 experimentados catadores procedentes de centros de investigación, universidades, administracións, asociacións de catadores, consellos reguladores, asociacións de produtores, distribución alimentaria e medios de comunicación de toda a xeografía española.

Este Premio enmárcase dentro da Estratexia Alimentos de España na que o Ministerio está a traballar co fin de divulgar a excelencia dos produtos alimentarios e canalizar as sinerxias con sectores como a gastronomía, o turismo, a cultura, o deporte, o medio ambiente ou a saúde. Todo iso, para dar a coñecer a calidade e variedade dos alimentos españois dentro e fóra do territorio español, buscando que a alimentación se convirta en motor cultural, económico e social.

Os premios concedidos nas distintas modalidades son:

Queixo madurado de vaca
Lácteos Anzuxao S.L., de Lalín (Pontevedra), polo queixo “Pazo de Anzuxao”, Denominación de Orixe Protexida Tetilla.

Queixo madurado de ovella
Arteserena S.L., de Campanario (Badajoz), polo queixo “Cremositos del Zújar”.

Queixo madurado de cabra
Esperanza del Castillo S.L., de Pulgar (Toledo), polo queixo “El Retamar de Cabra”

Queixo madurado de mezcla
Lopicomo S.L., de Villamartín (Cádiz), polo queixo “Pajarete”

Queixo madurado con mofos ou queixo azul
Hacienda Zorita-Farm Foods S.L.U, de San Pelayo de Guareña (Salamanca), polo queixo “Flor de Dehesa”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información