Pagan 6.001 euros por un boi en Silleda

Pagan 6.001 euros por un boi en Silleda

Boi vendido hoxe na Central Agropecuaria de Galicia por 6.001€

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou este martes o segundo mellor prezo acadado por un animal na historia da poxa, o cal é de tan só 5€ menos que o récord histórico .

Un boi de raza mestiza nacido no ano 2012 e pertencente a una explotación de Santa Mariña do Monte, en San Sadurniño (A Coruña), foi adquirido hoxe por 6.001 € pola empresa Galcarnes, de Monforte de Lemos. O récord absoluto acadado por un animal segue a situarse nos 6.006 € pagados o 15 de setembro de 2015 por un boi de raza rubia galega.

Por outra banda, a Central tamén rexistrou dous récords anuais en canto a transaccións. O primeiro deles correspóndese co total de transaccións na poxa, o cal ascendeu a 529.669€ (ata hoxe o maior volume de 2018 estaba nos 517.087€ acadados o 9 de xaneiro), unha cifra que tamén supón a segunda mellor marca da Central, estando o récord absoluto no total de transaccións nos 553.851€ rexistrados o 26 de xuño de 2012 .

O segundo refírese ás transaccións de vacún maior, que foron esta mañá de 276.451€ (ata hoxe o maior volume do ano estaba nos 251.651€ do 23 de xaneiro).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información