Outros 46 concellos emprenden a renovación catastral en Galicia

A inclusión no Imposto de Bens Inmobles de instalacións agrarias como cortes, naves e pendellos preocupa ó sector

Outros 46 concellos emprenden a renovación catastral en Galicia

A inclusión das instalacións gandeiras no IBI preocupa ó sector.

Sete de cada dez concellos de Galicia xa emprenderon a revisión catastral. O proceso estaba en marcha ou rematado en 183 municipios, ós que se veñen a sumar agora outros 46, que teñen de prazo para acometer a renovación do Catastro ata agosto do 2017. A revisión porá ó día novas vivendas e ampliacións das existentes e, a maiores, incluirá no Imposto de Bens Inmobles (IBI) todo tipo de instalacións agrarias, como cortes, naves e pendellos.

Esa inclusión das instalacións agrarias no IBI, coñecido popularmente como contribución, preocupa no sector. Unións Agrarias demanda dos Concellos a aplicación da taxa mínima para as granxas e a posta en marcha de bonificacións fiscais, que poden chegar a ser de ata o 90%. Xa hai Concellos embarcados no proceso que confirmaron que aplicarán esas bonificacións, caso do de Santiago de Compostela.

Os novos Concellos que inician a renovación do Catastro, segundo publicou o Boletín Oficial del Estado esta semana, son os seguintes:

A Coruña: Abegondo, Arteixo, Camariñas, Cambre, Carballo, Cee, Lousame, Narón, Negreira, Ordes, Padrón, Pontedeume, Rianxo, Santiago de Compostela.

Lugo: Carballedo, Sarria.

Ourense: O Barco de Valdeorras, A Bola, O Bolo, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, A Gudiña, Larouco, Manzaneda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Piñor, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Xoán de Río, Sandiás, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilar de Santos, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.

Pontevedra: Dozón, Lalín, Mos, As Neves, Nigrán, Poio, Portas, Ribadumia, Silleda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información