A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os viños de Valdeorras centran a atención no salón gastronómico de San Sebastián

Publicidade
Os viños de Valdeorras centran a atención no salón gastronómico de San Sebastián

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras exhibe músculo nestes días no foro San Sebastian Gastronomika, un dos salóns especializados en gastronomía máis relevantes do país. Así, tal e como destaca o presidente da D.O., José Luis García Pando, “21 adegas valdeorresas, case a metade das amparadas baixo o selo do Consello, están presentes neste foro” no que darán a coñecer “un total de 52 referencias distintas”.

Sen dúbida, unha cifra moi relevante que evidencia o poder de convocatoria de San Sebastián Gastronomika. Segundo sinala García Pando, o Consello Regulador decidiu habilitar, por cuarta vez, un stand propio neste salón porque entre os seus obxectivos máis inmediatos figura o de “asentar o coñecemento dos viños valdeorreses no norte de España”.

Sen lugar a dúbidas, as comunidades do norte son, xunto a Madrid, as zonas do Estado nas que maior presenza teñen os viños da comarca e “seguir fortalecendo a marca Valdeorras nestes territorios é unha prioridade dentro dos obxectivos promocionais do Consello Regulador”, admite García Pando.

Porén, tamén nos vindeiros meses está previsto desenvolver accións divulgativas dos viños da comarca en territorios onde teñen menor presenza como pode ser o Levante ou o sur de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información