Os viños baratos a granel penalizan as exportacións españolas en 2019

Publicidade
Os viños baratos a granel penalizan as exportacións españolas en 2019

As exportacións españolas de viño pecharon 2019 con aumento das vendas en volume (+6,5%), pero con caída en termos de valor (-8%), tras reducirse o prezo medio un -14%, segundo se recolle nun informe do Observatorio Español del Mercado del Vino (OEMV).

En concreto, as vendas o pasado ano ao exterior situáronse nos 2.124,2 millóns de litros e os 2.690,6 millóns de euros, cun prezo medio de 1,27 €/litro. É dicir, España exportou o pasado ano, case 130 millóns de litros máis de viño, pero facturou 234,7 millóns de euros menos, ao reducirse o prezo medio en 20 céntimos por litro.

Por tipos de viño, redúcese a facturación de viños espumosos, viños tranquilos envasados, salvo os viños con indicación de variedade, bag in box e viños a granel. Aumenta a dos viños de agulla, de forma destacada e lixeiramente a dos viños de licor.

En termos de volume, redúcense as vendas exteriores dos viños espumosos, dos viños con DOP e viños sen ningunha indicación dentro dos envasados, dos bag in box, e de todas as categorías de viño a granel, agás os viños sen ningunha indicación a granel, que lideran de forma clara o aumento rexistrado en volume.

No que se refire aos viños tranquilos envasados ao peche de 2019, obsérvanse diferenzas por subcategorías. Así, os viños con denominación de orixe protexida (DOP) envasados, que son os maioritarios, aumentan o seu prezo medio un 1,5% en 2019, até os 3,72 euros/litro, pero reducen as súas vendas en volume (-2,3%) e en valor (-0,8%), até os 322,1 millóns de litros e os 1.197,7 millóns de euros.

Os viños con IXP envasados, pola súa banda, aumentan un 16,5% en volume, até rozar os 152 millóns de litros, pero unha caída do prezo medio do – 24% até o euro por litro, reduce a facturación un -12%, até os 152,5 millóns de euros.

Evolución que se contrapón coa boa marcha dos viños con indicación de variedade, que crecen tanto en valor como en volume, a pesar dunha diminución do seu prezo. Estes viños varietaIs supuxeron, o pasado ano, 67,8 millóns de litros e 101,7 millóns de euros, a un prezo medio de 1,50 euros/litro.

Por último, os viños sen ningunha indicación envasados, caen tanto en volume (-10%) como en valor (-13%), até os 169,2 millóns de litros e os 184,8 millóns de euros, cun prezo medio tamén inferior (-4%), que se situou nos 1,09 euros/litro.MERCADO VIÑO 2019 OEMV 3

No seu conxunto e por mercados, os viños envasados non espumosos nin aromatizados (é dicir, incluíndo viños tranquilos, xenerosos e de agulla) medran en 2019 en Xapón e Canadá, mentres cae a maioría do resto de principais mercados. Particular foi, o pasado ano, o caso de Portugal que, tras un fortísimo incremento das exportacións de viños españois a este mercado en volume, do 44% desde os 64,3 até os 92,7 millóns de litros, pasa a liderar a clasificación dos nosos mercados de envasados non espumosos en 2019. Porén, tal crecemento prodúcese á conta dunha perda sensible do prezo medio, que pasa de 73 a 44 céntimos de euro por litro, polo que se perde un 13% de facturación, até situarse en 40,8 millóns de euros en 2019. Todo o cal fai sospeitar en vendas a este mercado de viños de moi baixo valor, posiblemente máis en cartón que en botella e quizais para a súa reexportación.

En termos de valor, é Reino Unido quen lidera o ranking con 234,6 millóns de euros, e caída do -3,4%, seguido por EE.UU., con 220,5 millóns de euros e aumento do +2%. Haberá que seguir a evolución de ambos os mercados, para ver a reacción do viño envasado español no mercado estadounidense tras a entrada en vigor dos novos aranceis e a entrada en vigor do Brexit, no caso de Reino Unido.

Viños envasados en bag in box (BiB)

En canto aos viños en envases entre 2 e 10 litros, xeralmente en bag in box (BiB), que supoñen unha pequena parte do total das nosas vendas exteriores, aínda que parecen ir mostrando una certa importancia como posible alternativa a outras categorías de menor valor. Con todo, as súas exportacións pechan 2019 en negativo, con caídas do -1,5% en valor, até os 50,1 millóns de euros e do -5,7% en volume, até os 35,5 millóns de litros, cun prezo medio á alza (+4,4%), até os 1,41 euros/litro.

Exportacións de viños a granel

Por último, e no que se refire ás exportacións españolas de viño a granel (en envases de máis de 10 litros), alcanzaron en 2019 os 1.162,3 millóns de litros e os 468,1 millóns de euros, a un prezo medio de 40 céntimos por litros. Con respecto a 2019, aumentaron as vendas un 12% en volume, pero perderon un 22% en valor, ao caer o prezo medio un -30%. É dicir, España exportou o pasado ano, 125,7 millóns de litros de máis, pero facturou 131,5 millóns de euros menos, ao caer o prezo medio en 18 céntimos.

Por subcategorías, son os viños sen ningunha indicación a granel os que máis peso teñen, con 852,3 millóns de litros (+19%) e 325,4 millóns de euros (-19%), caendo o seu prezo medio un 32%, até os 38 céntimos por litro. Marcaron, por tanto, a evolución da categoría e lideraron o aumento das exportacións españolas de viño en 2019, exportándose 135,6 millóns de litros máis deste tipo de produto.

En canto ao resto de subcategorías, rexistran perdas tanto en volume como en valor. Son os viños varietales a granel os segundos en importancia, con 272,2 millóns de litros (-0,8%) e case 116 millóns de euros (-27%), a un prezo medio de 43 céntimos por litro (-27%).

MERCADO VIÑO 2019 OEMV 2

Tanto os viños con DOP a granel como os viños con IGP a granel, pechan o ano con importantes perdas. Por mercados, Francia, Alemaña e Portugal, supoñen o 69% das vendas de granel en volume e o 62% do total en valor. Francia e Alemaña mantéñense como os principais clientes para o granel español, con gran diferenza. Destacou, o pasado ano, o aumento das exportacións a Portugal en volume (+40%) e a caída das vendas a Italia (-25%).

Viños espumosos

No que se refire aos viños espumosos, pechan o ano en negativo, con caídás do -4% en volume, até os 180,5 millóns de litros e do -12% en valor, até os 452,7 millóns de euros. O prezo medio tamén cae (-8,6%), situándose nos 2,51 ?/litro. No que se refire ás exportacións de Cava, con partida arancelaria propia, situáronse nos 116,8 millóns de litros e os 351,1 millóns de euros, é dicir, o 65% do volume e o 77,5% do valor total das exportacións españolas de viño espumoso. A súa evolución é peor en volume, con caída do -7%, e similar en valor (-12%), sendo menor a redución do prezo medio (-6%), que situou nos 3,01 euros/litro.

Por mercados, as perdas para os espumosos españois rexístranse, principalmente, en Francia, Bélxica, Reino Unido e Holanda, onde a caída é tanto en valor como en volume, e a dobre díxito. En Alemaña, primeiro mercado en volume, e EE.UU., terceiro, as vendas aumentan en volume, pero a prezos máis económicos, o que xera unha caída da facturación en ambos os casos. EE.UU. é o primeiro mercado en valor, con 69 millóns de euros.

No lado positivo, destaca Xapón, con crecementos do 28% en volume e do 24% en valor, con crecementos tamén para Suecia e Canadá.

Saldo comercial

MERCADO VIÑO 2019 OEMV 1

En canto ao saldo comercial, é netamente positivo para o viño español. En 2019, as importacións españolas de viño foron de 209,3 millóns de euros que, restados aos 2.690,6 millóns de euros facturados, arroxan un saldo comercial favorable de 2.481,3 millóns de euros, que supoñen unha gran contribución ao balance comercial español.

Se observamos a evolución deste saldo desde o ano 1995, cando era de 630,6 millóns de euros, vemos que, nos últimos 24 anos, este aumentou un 6% de media anual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información