Os mellores porcos celtas e os gandeiros máis hábiles no seu manexo decidiranse na feira Abanca Semana Verde de Galicia

Os mellores porcos celtas e os gandeiros máis hábiles no seu manexo decidiranse na feira Abanca Semana Verde de Galicia

Raquel Méndez, gañadoras do I Concurso Nacional de Manexadores da Raza Porco Celta, con Mora

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 6 ao 9 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, é o evento escollido pola Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel) para celebrar dous dos seus concursos máis relevantes.

Tras o gran éxito da pasada edición, o domingo 9 de xuño levarase a cabo o II Concurso Nacional de Manexo da Raza Porco Celta. Este, que conta ata o momento con sete gandeiros inscritos doutros tantos concellos, consiste en dirixir un exemplar de porco celta por un determinado percorrido no menor tempo posible, podendo tocalo pero sen golpealo, e pasando por distintos espazos, como unha zona que simula unha manga ou entre dúas vallas facendo zig zag. Ao final da proba, o gandeiro tentará subir o animal a un remolque, sen ben non se descualifica se non o consegue.

Participarán sete gandeiros e o seus respectivos animais:

Fernando Calviño Mendoza de Vila de Cruces (Pontevedra) con “Shakira”.
Jose Vega Eiras de Ponte de Outeiro (Lugo) con “Asia”.
Mª del Carmen Jacobo Varela de A Golada (Pontevedra) con “Zuri”.
Raquel Mendez Ramos de Rubiá (Ourense) con “Mora”.
Cesar Roo Maneiro de Vilagarcia de Arousa (Pontevedra), con “Zapatita”.
Antonio Diaz Arias de Friol (Lugo), con “Pantalones”.
Saul Rouco Trastoy de Vilalba (Lugo), con “Cesáreo”.

Na súa primeira edición a vencedora foi Raquel Méndez, de Rubiá (Ourense), quen gañou coa súa porca Mora.

Así mesmo, o porco celta protagonizará o terceiro Concurso Morfolóxico desta raza celebrado no certame, no que participarán sobre 27 ganderías pertencentes a máis de 20 concellos das catro provincias galegas. Competirán machos, femias e animais de recría. Na pasada convocatoria na categoría de machos venceu un porco de Carmen Novío Tuña, de Outes (A Coruña), en femias a primeira clasificada pertencía a Manuel Rouco Villares, de Vilalba, mentres que en recría o primeiro clasificado foi un exemplar de Isabel Rodríguez Hermida, de Lalín (Pontevedra),

Ampla exposición e photocall

Esta raza autóctona galega en perigo de extinción contará tamén cunha ampla exposición de animais na que ademais dos participantes no morfolóxico, tamén se mostrarán exemplares do rabaño que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) ten na finca de Armariz (Nogueira de Ramuín). De forma paralela, Asoporcel proxecta facer unha zona dedicada á venda de animal vivo, se ben esta iniciativa estará condicionada á participación dos produtores.

Ademais, os organizadores incluirán como novidade nesta edición da feira a instalación dun photocall de Porco Celta que permitirá ao público asistente facerse simpáticas fotografías.

Por outra banda, no marco do Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) participarán cinco operadores autorizados no uso do Logotipo 100% raza autóctona celta (Sociedade Cooperativa Galega “Tres Fuciños”, Pastos do Enxilde S.L., Embutidos Hermelino S.L., Atilano Anllo S.L. e Jamones González S.L), cun stand destinado á presentación, degustación e venda de produtos. Así mesmo, esta raza formará parte dos menús degustación que ofrecerá o restaurante Tapirazas.

Exposición da raza porco celta en Abanca Semana Verde 2018

Exposición da raza porco celta en Abanca Semana Verde 2018

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información