Os cambios que supón a nova norma europea sobre agricultura ecolóxica

Publicidade
Os cambios que supón a nova norma europea sobre agricultura ecolóxica

Os Estados membros da Unión Europea (UE) adoptaron este martes formalmente as novas regras sobre agricultura ecolóxica e que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Trátase dun conxunto de medidas e políticas destinadas a incentivar este tipo de producións que refugan o uso de químicos que levaba desde 2015 pendente da súa revisión, con varias normas que xa sumaban máis de 20 anos de antigüidade.

Os produtores, os operadores e os socios comerciais teñen agora dous anos e medio para adaptarse ao novo marco.

Os principais cambios que se introducen son:

-Incrementarase a oferta de sementes -insuficiente na actualidade na UE- e animais ecolóxicos no mercado, para o que se prevé a creación dunha gran base de datos que permita aos produtores saber que está dispoñible e en que lugares.

-Facilítase a comercialización de alimentos ecolóxicos aos pequenos produtores mediante un certificado en grupo, o que lles permitirá aforrar tempo e diñeiro.

-As explotacións mixtas -as que producen alimentos biolóxicos e convencionais ao mesmo tempo-, seguirán estando permitidas, sempre que as modalidades estean claramente separadas, de forma que os agricultores poidan empezar cunha pequena parcela convencional e logo ampliala á produción de orgánicos.

-Obrígase a etiquetar os produtos ecolóxicos, tanto europeos como importados, para garantir que se respectan os estándares comunitarios de calidade.

-Os produtores deberán ademais aplicar novas medidas preventivas para evitar a contaminación con fertilizantes sintéticos ou praguicidas ou os seus produtos correrán o risco de perder a etiqueta de “ecolóxicos”.

-Se un produtor biolóxico cumpre coas normas pero o seu veciño produce produtos convencionais e fumiga o seu terreo con pesticidas ou herbicidas, o produto pode ser retirado do mercado e investigado se se produce contaminación, aínda que poderá vendelo se respectou as medidas cautelares.

Consulta aquí a nova normativa sobre produtos ecolóxicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información