A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ofrecen formación a gandeiros para xestionar o persoal contratado

A empresa Líderes en Bienestar ofrece formación presencial a empresarios gandeiros para xestionar o persoal contratado. Antes de ofertar esta actividade formativa para profesionais, Líderes en Bienestar realizou un estudio, a partir do traballo durante 6 meses en ganderías de vacún de leite de Galicia, o que lle permitiu detectar en que falla a xestión de persoal e, polo tanto, poder propor solucións.

A actividade formativa que se ofrece inclúe:

-Estrutura do equipo de traballo

-Identificación de perfís laborais

-Organización e Coordinación de equipos

-Liderazgo: posicionamento do líder co equipo de traballo

-Como motivar ao persoal e monitorización do traballo

-Resolución de casos prácticos reais

Ademais, a actividade formativa inclúe asistencia telefónica durante 1 mes despois de realizar o curso para implementación da estratexia persoal desenvolvida no curso.

Máis información e inscricións:

Telf. 622 92 82 20

info@lideresenbienestar.com

LIDERES_BIENESTAR_FORMACION

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *