Data inicio: 23/04/2019
Data fin: 29/04/2019
Lugar: aula da natureza abegondo
O presidente da Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal), Francisco Otero, impartirá un “Taller de Pragas e Enfermidades das árbores froiteiras”, organizado polo Concello de Abegondo.
O obradoiro impartirase na Aula da Natureza de Abegondo os días martes 23, mércores 24, xoves 25 e luns 29 de abril en horario de 19:00 a 21:15 h.
O custo do obradoiro é de 25 €/persoa. Información e reservas chamando ao teléfono 686 352 866. Prazas limitadas ata 25.