O vacún maior acada o seu mellor prezo histórico en Silleda

Suba do gando vacún en Silleda, agás nos becerros de recría de cruce, na xornada deste martes. O vacún maior acada o seu prezo medio máis alto da serie histórica. O porcino cebado e os ovos seguen sen cambios e baixan os leitóns

O vacún maior acada o seu mellor prezo histórico en Silleda

Vacas de desvelle en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA volveu acadar este martes, e por segunda vez este ano, un récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior. Así, se o pasado 17 de abril acadaba os 987,51€ -superando a marca dos 959,85€ que se mantiña dende 2013-, hoxe o prezo medio do vacún maior foi de 996,98€. Tanto o vacún maior como os becerros pintos tiraron á alza dos prezos do gando vacún. Nas mesas de cotizacións, o porcino cebado e os ovos seguen sen cambios e baixan de novo os leitóns.

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa subiron en case todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización media foi de 151 euros por xato, 19 máis que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén tamén ascenderon ata unha media de 179 euros por xato, fronte aos 164 do pasado martes pasado. A excepción foi nos tenreiros de máis de 51 días, que se mantiveron estables nun prezo medio de 199 euros, un menos que a pasada semana.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á baixa. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos caeron ata os 277 euros, 21 menos que a pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos mantívose igual que o pasado martes: unha media de 363 euros por animal. Nas femias, pola contra, baixou o prezo: unha cotización media de 236 euros por animal, 11 menos que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos apenas variaron: 439 euros. Nas femias, pola contra, os prezos subiron ata unha media de 331 euros, 13 máis que a pasada semana.

Suba no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha suba de prezos. Deste xeito, quedaron en 1.112 euros de media en categoría primeira, 724 en segunda -a máis numerosa- e 468 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.086, 724 e 450 euros, respectivamente.

O prezo medio do vacún maior foi de 996,98€, co que a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA volve a acadar por segunda vez este ano un récord histórico nesta categoría. Así, o pasado 17 de abril acadaba os 987,51€, superando a marca dos 959,85€ que se mantiña dende 2013.

SILLEDA_VACUN_2_maio_18

Sen cambios no porcino e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos mantivéronse as cotizacións da pasada semana. Así a XL queda nos 1,50 euros a ducia; a L en 1,25 euros. Na M a ducia segue en 1,15 euros e na S cotizouse a 1,00 euros a ducia. As galiñas mantéñense nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello segue sen cambios nos 1,60 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Onde houbo cambios foi na categoría de desvelle, que baixou 0,03 euros o quilo, quedando nun intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións baixaron esta semana 0,05 euros o quilo, quedando nunha media de 1,370 euros/kg. Esta tendencia á baixa arrastrou á maioría de países europeos.

En canto aos leitóns, acordouse baixar unha semana máis as cotizacións, desta vez 3 euros por animal, quedando nos 49 euros os procedentes de varias explotacións e nos 54 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_2_maio_18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información