O SLG crea un grupo de traballo para abordar os problemas do vacún de carne

A organización agraria celebra un congreso sectorial no que elixe como responsable a Lois Varela, de Palas de Rei, e a Inés Casabella como vicerresponsable

O SLG crea un grupo de traballo para abordar os problemas do vacún de carne

Congreso de vacún de carne do SLG en Guitiriz (Lugo).

O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén de celebrar o seu Congreso de Vacún de Carne, no que analizou os principais desafíos os que se enfronta ó sector e marcou unha axenda de traballo para os vindeiros meses. A organización agraria destaca problemas como os prezos, as dificultades de acceso á terra ou as mermas que houbo nas axudas da PAC.

En cuestión de prezos, o SLG destaca que as cotizacións seguen en valores “moi baixos, en torno ós 4.40 – 4.60 euros por quilo, con cotizacións máximas de 4.90 no gando ecolóxico. Só na venda directa a carnicerías se acadan os 5 euros quilo”.

Os gandeiros amosaron ademais dúbidas polas pesadas do gando nos matadoiros, xa que non existe -din- ningún tipo de inspección oficial que evite posibles fraudes. Tamén se puxo o foco sobre a venda enganosa de carne foránea sacrificada en Galicia e comercializada, coa correspondente identificación do matadoiro, como se fose daquí.
En canto á carne da IXP Ternera Gallega, o Sindicato Labrego avoga por potenciar a Ternera Gallega Suprema, a que corresponde ás granxas con vacas nutrices.

Responsables
No Congreso, celebrado o pasado fin de semana en Guitiriz (Lugo), acordouse crear un grupo de traballo para abordar as cuestións que preocupan ás explotacións e buscar vías para mellorar a situación. Como responsable do sector elixiuse ó gandeiro Lois Varela Carreira, de A Conguada (Carteire, Palas de Rei), en tanto a vicerresponsable será Inés Casabella Requeijo, de Fanoi (Abadín). Ambos darán relevo ao seu predecesor e predecesora: Xosé Luís López Galán (Pedrafita do Cebreiro) e Mercedes Alonso (Cotobade).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información