A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“O sector agroalimentario galego é puxante e confiamos en que supere as dificultades”

Entrevista a Laura Lema Tasende, responsable de negocio agrario de CaixaBank en Galicia.

“O sector agroalimentario galego é puxante e confiamos en que supere as dificultades”

Laura Lema Tasende

Laura Lema Tasende é a responsable en Galicia de Agrobank, a liña de negocio de CaixaBank dedicada ao sector agroalimentario. Asegura que o seu obxectivo, a través da rede de oficinas comarcais, é atender as necesidades que poidan xurdir de industrias e gandeiros. Unha das súas últimas operacións de gran calado foi o apoio a Cobideza –a cooperativa láctea localizada en Lalín- para adquirir unha nave destinada á fabricación de queixo.

Explíquenos que papel xoga o sector agrario e o rural no traballo de CaixaBank, e en concreto en Galicia…..
CaixaBank ten un profundo coñecemento de Galicia, da súa economía e das necesidades que presenta o seu tecido produtivo. Así que somos conscientes do papel fundamental que desempeña o rural e os produtores do agro no seu dinamismo económico. Non se pode entender a economía galega sen esta achega imprescindible. Por iso estamos presentes, a través da rede de oficinas AgroBank, nas principais cabeceiras de comarca agrícolas e gandeiras para prestar a nosa colaboración en todos os proxectos que se impulsen nos subsectores lácteo, cárnico, vinícola, etc.

Que servizos destacaría de AgroBank para o sector gandeiro e agrario en xeral?
AgroBank é a liña de negocio de CaixaBank dedicada ao sector agroalimentario. Conta cunha rede de oficinas altamente especializadas nas necesidades financeiras de autónomos, cooperativas e empresarios do mundo rural. Os seus xestores coñecen perfectamente a demanda que caracteriza as súas respectivas zonas á que responden cunha carteira de solucións deseñadas de maneira específica para cubrir as súas necesidades.

AgroBank atende todas as posibles necesidades que xurdan nas explotacións e empresas: investimento, anticipos, agroseguros para protexerse dos posibles riscos das colleitas, etc.

E en concreto para a PAC de 2016, ¿que vantaxes ofrece AgroBank?
Contamos con especialistas para axudar aos clientes na súa tramitación e ofrecemos liñas de financiamento para anticipar os ingresos ata 18 meses.

Cales son as perspectivas de futuro para o sector gandeiro e agrario?
O sector agroalimentario de Galicia é un dos mais puxantes tanto polo número de persoas e empresas implicadas no seu desenvolvemento como pola elevada calidade dos seus produtos. Con este potencial confiamos en que o sector consiga superar as dificultades puntuais que poidan xurdir ao seu paso e manteña o seu peso específico na economía galega.

Pode por algún exemplo dos proxector asociativos ou cooperativos que están apoiando AgroBank no sector agrario?
Colaboramos con practicamente todas as cooperativas lácteas, cárnicas e vinícolas. Por mencionar un caso recente, apoiamos a Cobideza –a cooperativa láctea localizada en Lalín- na adquisición dunha nave destinada á fabricación de queixo.

“Esperamos entregar 100.000 litros de leite aos bancos de alimentos de Galicia”

Vides de por en marcha a campaña “Ningún neno sen bigote”. ¿Cal é o seu obxectivo? ¿Podes adiantarnos algunhas cifras de leite recollida?
En 2016, por segundo ano consecutivo, promovemos unha gran recollida de leche que se destinará aos bancos de alimentos galegos. O leite é un alimento esencial na alimentación, especialmente durante a infancia, así que non pode faltarlle a ningún neno. A través das oficinas invitamos aos nosos clientes e a todas as persoas sensibilizadas con esta demanda a facer entrega de cartóns de leite. Contamos tamén coa colaboración dalgunhas empresas do sector. O total que entregaremos aos bancos de alimentos superará os cen mil litros de leite.

Algunha cousa máis que queiras engadir?
Tan solo recordar que, a través da Obra Social “la Caixa”, as oficinas da rede AgroBank implicáronse tamén en numerosas accións de carácter solidario postas en marcha desde o rural. Por exemplo, agora temos en marcha, xunto con Agaca, o proxecto “Coidar, coidarte” que promove un envellecemento activo a través dos socios das principais cooperativas galegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *