O prezo do leite comeza a remontar en España pero non en Galicia

O prezo do leite comeza a remontar en España pero non en Galicia

O último informe de prezos do leite do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) amosa que o prezo do leite repuntou lixeiramente en agosto no conxunto de España, cunha suba de 0,2 céntimos, situándose en 31,4 de media. É a primeira noticia positiva na evolución dos prezos no que vai de ano, unha mellora que se enmarca na liña de recuperación que xa se iniciara este verán a nivel da UE. En Galicia, sen embargo, non hai cambios polo de agora. Os prezos do leite en agosto foron idénticos ós de xullo, 30,3 céntimos.

En produción, no conxunto de España, os aumentos de entregas de leite moderáronse e en agosto foron só un 0,6% superiores en relación ó mesmo mes do pasado ano, cun acumulado no periodo xaneiro – agosto de + 2,4%. En Galicia, o crecemento de produción segue a bo ritmo e de novo en agosto medrou por riba do 2% en relación a agosto do 2017.

Esta situación confirma a demanda de leite por parte das industrias lácteas, que están a favorecer o crecemento de entregas en Galicia, pero con prezos estancados, á cola da España peninsular xunto con Cantabria (30,1 céntimos). Entre as comunidades veciñas, Asturias está en 33,6 céntimos e Castilla y León en 31,4.

En calidades do leite, Galicia continúa liderando un mes máis os niveis de graxa na España peninsular, cun 3,65%, fronte ó 3,56 de media estatal, e cun 3,20 de proteína, fronte á media estatal de 3,19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información