O Parlamento pídelle a Xunta máis formación en recría para os gandeiros

O Parlamento pídelle a Xunta máis formación en recría para os gandeiros

Xovencas en

A Comisión de Agricultura e Gandería do Parlamento Galego aprobou este xoves por unanimidade unha proposición non de lei na que lle piden á Consellería do Medio Rural que deseñe e reforce a formación específica para os gandeiros que desexen facer a recría das xovencas nas súas propias explotacións.

A iniciativa partiu do deputado do BNG Xosé Luis Rivas, quen lembrou que “cada ano entre 5.000 e 6.000 xatas das explotacións de vacún de leite de Galicia son enviadas a Zaragoza ao Rancho Las Nieves, o que supón uns 9,5 millóns de euros que saen cada ano das ganderías galegas”.

Neste sentido, a proposta inicial do BNG pedía tamén que a Xunta realizase unha “prospección no sector para facer un cálculo máis exacto das necesidades de recría externalizada actuais e das posibilidades de creación de centros especializados -privados ou públicos- que dean alternativa seria a esta necesidade”, seguindo o modelo dos xa existentes, como o de Ganxabar.

“E sobre todo -subliñou Rivas-, de que haxa máis formación para os gandeiros que fan a recría nas súas explotacións”.

Finalmente, e para que puidese saír adiante, o deputado nacionalista aceptou unha emenda do Partido Popular, para centrar a demanda á Xunta exclusivamente na necesidade de máis formación específica en recría para os gandeiros e o persoal asalariado das explotacións de vacún.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información