O Máster en Producción de Leite remata o prazo de preinscripción o 12 de xullo

O programa formativo, impulsado polo Campus Terra da Universidade de Santiago, inclúe 300 horas de prácticas en empresas. Este ano ofrece, de xeito paralelo, dous cursos de formación continua en alimentación animal e en economía da explotación leiteira

O Máster en Producción de Leite remata o prazo de preinscripción o 12 de xullo

O Campus Terra da Universidade de Santiago (USC) organiza un ano máis o Máster en Producción de Leite, que mantén o seu prazo de preinscripción aberto ata o 12 de xullo. O programa formativo, que se desenvolverá a partir de setembro, está dirixido a enxeñeiros técnicos ou superiores, veterinarios, licenciados, graduados ou diplomados. Aqueles estudantes universitarios ós que lles falten menos de 30 créditos ECTS para rematar a súa titulación tamén se poderán inscribir.

O Máster en Produción de Leite impártese en formato presencial, con clases de setembro deste ano a xuño do 2019. Prevense tamén 300 horas de prácticas en empresas (12,5 créditos ECTS) e un traballo fin de máster, así como viaxes de prácticas.

Como novidade, este curso a USC ofrece tamén a posibilidade de cursar dous módulos formativos de xeito independente, sen necesidade de cursar a totalidade do máster. Trátase de dous cursos de formación continua, un curso básico de alimentación en produción de leite e un curso básico de economía na explotación láctea.

Pódese consultar toda a información na web do propio master.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información