A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O Grupo BCS aposta en firme polo campo galego

A firma comercializa as marcas Pasquali e Ferrari, orientadas principalmente ás necesidades dos produtores de horta e viñedo

O Grupo BCS aposta en firme polo campo galego

José Manuel Torres, delegado de BCS Ibérica en Galicia.

Desde o pasado mes de marzo, o Grupo BCS conta cun novo delegado comercial para Galicia. Trátase do señor José Manuel Torres, un profesional de ampla traxectoria que se suma a un proxecto ambicioso, unha aposta en firme polo desenvolvemento do sector agrícola no noroeste do país.

BCS Ibérica, a filial española do grupo italiano, conta cunha dilatada experiencia no noso país, iniciada fai xa máis de trinta anos. En todo este tempo, a empresa foi protagonista dos innumerables cambios que viviu o sector, participou de forma directa e decisiva no proceso de desenvolvemento tecnolóxico da agricultura e soubo superar con solvencia os momentos sen dúbida difíciles que sufriu o sector nas últimas décadas.

Desta forma, coa incorporación do novo delegado comercial, BCS Ibérica inaugura unha nova etapa de horizonte amplo, unha etapa orientada a afianzar e desenvolver a rede de distribución comercial das marcas BCS, Ferrari e Pasquali. O propósito é camiñar da man dos agricultores galegos, estender neste territorio a pegada de BCS, poñendo a disposición dos clientes un tipo de maquinaria especializada e versátil ao mesmo tempo, dotada das especificacións técnicas máis innovadoras.

En definitiva, o señor José Manuel Torres postúlase como o interlocutor idóneo para os profesionais do campo en Galicia e achegará, non cabe dúbida, a súa profesionalidade e o seu coñecemento do territorio para sumar esforzos en beneficio dun sector que necesita da complicidade de todos os seus actores. A vontade de servizo está garantida e fainos albiscar un futuro de progreso para agricultores e gandeiros galegos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *