O goberno prohibe a venda de tractores de máis de 40 anos sen arco antiemborque

O goberno prohibe a venda de tractores de máis de 40 anos sen arco antiemborque

O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto polo que se establece a normativa para caracterizar a maquinaria agrícola e regular as condicións básicas para a súa inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA), fomentando así a seguridade, o respecto ambiental e a transparencia.

No Rexistro Oficial inscríbense determinadas máquinas dedicadas á actividade agraria, co obxecto de coñecer o censo e características das mesmas. Un instrumento de gran utilidade á hora de analizar o parque de tractores e outras máquinas e cuxos datos son moi importantes para as diversas liñas de axudas destinadas á modernización do parque de maquinaria, por parte tanto do Ministerio como das comunidades autónomas.

Prohíbense o cambio de titularidade dos tractores de máis de 40 anos sen estrutura antivuelco

Para que os datos reflictan con maior precisión o parque vivo de maquinaria agrícola en España, a nova norma establece o procedemento para que as comunidades autónomas, previa notificación ao interesado, dean de baixa as máquinas que non estean en uso, xa que moitos titulares non dan de baixa a máquina aínda cando xa foi achatarrada.

Prohíbese o cambio de titularidade (excepto por herdanza) dos tractores de máis de 40 anos sen estrutura de protección homologada, unha medida destinada a reducir os accidentes que se producen na agricultura.

Co mesmo obxectivo, e para evitar a incorporación á agricultura española de maquinaria que produza altos niveis de contaminación, prohíbese a inscrición no ROMA de tractores e máquinas automotrices procedentes doutros países, que non teñan estrutura de protección homologada, ou cuxa data de posta en servizo no país de orixe sexa anterior á data de entrada en vigor da normativa europea de emisións de gases e partículas
contaminantes (Fase I de emisións).

Marca de calidade

No Real Decreto tamén se introducen as bases para crear unha marca de calidade voluntaria para as máquinas agrícolas, baseada en distintos ensaios, que caracterizará ás mesmas en función das súas prestacións, eficiencia agronómica e protección ambiental.

O obxectivo desta marca de calidade é potenciar a publicidade e o uso das máquinas que sexan máis eficientes desde un punto de vista agronómico e enerxético. Tamén ten como finalidade  fomentar a introdución na agricultura española de equipos que permitan un uso máis racional dos medios de produción, beneficiando ao medio ambiente e aforrando custos aos agricultores, que poderán tomar decisións baseadas nos resultados de ensaios comparativos, avalados polo Ministerio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información