O Goberno lembra que as comerciais agrícolas poden seguir operando

O Goberno lembra que as comerciais agrícolas poden seguir operando

Fitosanitarios nunha comercial agrícola.

Ante as dúbidas que xerou a crise do coronavirus no sector agrogandeiro, o Ministerio de Agricultura emitiu unha nota de prensa para lembrar que os establecementos comerciais de insumos agrícolas poden seguir operando con normalidade.

“A produción agrícola e gandeira, a transformación de produtos agrarios, as clínicas veterinarias, os transportes e distribución de alimentos, así como a súa comercialización, forman a cadea de abastecemento alimentaria, unha actividade que debe garantirse na situación de Estado de Alarma”, lembra o Ministerio. “Esto implica que debe manterse non só a actividade das empresas agroalimentarias no seu conxunto, incluídas as granxas e explotacións agrícolas, senón tamén o funcionamento das empresas que, a súa vez, suministran os insumos precisos para o seu funcionamento”.

Como medida de prevención, Agricultura pide só que se limiten as actividades accesorias que non son imprescindibles, como traballos de mantemento ou outros, pero subliña que na actividade agrícola é necesario o emprego de insumos como fertilizantes, fitosanitarios, sementes, plantóns, pensos, produtos veterinarios, etc. “A actividade do comercio minorista que suministra estes insumos terá, por tanto, continuidade, xa que son actividades fundamentais para garantir o suministro alimentario á cidadanía”.

No caso de que estes produtos se vendan en establecementos mixtos, con outro tipo de servizos, a actividade dos comercios limitarase á venda de insumos a agricultores e gandeiros. É unha norma que o Ministerio tamén extende á actividade de pesca e acuicultura.

Suministros garantidos para as campañas de millo e herba
Nos últimos días diversas empresas de sementes e insumos lembraron en comunicados de prensa que garanten o suministro de sementes para esta campaña, caso de Pioneer ou LG. Tamén Addial, unha firma centrada nos aditivos para silos, garante o abastecemento, se ben restrinxirá as visitas de campo ós casos imprescindibles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información