O esfollado precoz mellora a calidade aromática da uva e do viño Albariño

nha Tese da Misión Biolóxica de Galicia conclúe que o esfollado precoz reduce a produción no viñedo e mellora a calidade aromática da uva e viño Albariño.

Publicidade
O esfollado precoz mellora a calidade aromática da uva e do viño Albariño

Esfollado precoz en Albariño

Unha tese da Misión Biolóxica de Galicia conclúe que o esfollado precoz reduce a produción no viñedo e mellora a calidade aromática da uva e viño Albariño.

A autora do estudo, Iria Otero Mazoy, logrou o título de Doutora pola Universidade de Vigo tras a defensa da súa tese sobre o Efecto do esfollado precoz sobre os compoñentes da produción, a composición e calidade da uva e o viño da variedade Vitis vinífera Albariño obtendo a máxima cualificación de sobresaínte Cum Laude.

A Tese foi dirixida pola Doutora Mar Vilanova de la Torre, investigador da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, e polo Doutor Javier Tardáguila Laso, investigador do Instituto da Vide e o Viño (ICVV-CSIC) de La Rioja.

Os traballos de investigación foron desenvolvidos na Misión Biolóxica de Galicia e financiado pola pola Xunta de Galicia e o Instituto ecnolóxico- Alimentario de Extremadura (INTAEX).

A experiencia se desenvolvemento nunha parcela da variedade Albariño propiedade de Adegas Martín Códax e situada no Val do Salnés.

O esfollado precoz, unha técnica pioneira e innovadora

A regulación do rendemento do viñedo é unha cuestión importancia crecente na medida que aumenta a presión por producir uva de calidade a uns custos sostibles. Durante a historia da viticultura o obxectivo principal foi aumentar a produción das viñas, non obstante, hoxe en día esta situación cambiou dado que existen viñedos excesivamente produtivos nos que interesa diminuír os rendementos e, a ser posible, con acios pequenos e menos compactos.

Iria Otero, no centro.

Iria Otero, no centro.

O esfollado precoz é unha técnica pioneira e innovadora cuxo fin principal é regular a produción de uva. Esta técnica execútase arredor da floración, en oposición ao esfollado clásico onde a manipulación é máis tardía. Na súa investigación doutoral, Iria Otero tratou de verificar se o esfollado precoz sería unha técnica eficaz para regular a produción de uva e mellorar a calidade da uva e do viño.

Iria Otero realizou un esfollado en dúas épocas (pre-floración e callado) de forma manual na variedade Albariño, práctica que se realiza por primeira vez en variedades brancas en España.

O estudo considerou os efectos do esfollado precoz sobre o rendemento produtivo, a taxa de callado, o peso, número de bagas e compactidade do acio, así como sobre o estado sanitario dos froitos, e a súa composición tanto a nivel físico-químico e aromático, como o seu contido nitroxenado.

 “Redúcese a produción pero aumentan a calidade aromática da uva”

Entre os resultados máis destacados da súa tese, a nova doutora sinala a significativa redución do rendemento produtivo acompañado dun aumento da calidade aromática da uva a nivel de monoterpenos, compoñentes que marcan a tipicidade da variedade Albariño, mellorando así o seu carácter floral e froiteiro.

Mellor realizar o esfollado en pre-floración

Respecto á época de esfollado, os maiores efectos na regulación da produción, así como na mellora da calidade da uva e do viño obtivéronse nas cepas esfolladas en pre-floración.

A investigación conclúe que o esfollado precoz pode ser unha novidosa, potente e eficaz técnica para regular o rendemento produtivo e mellorar notablemente a calidade da uva e do viño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información