O día 25 finaliza o prazo para contratar o seguro de uva con cobertura fronte a xeada

Publicidade
O día 25 finaliza o prazo para contratar o seguro de uva con cobertura fronte a xeada

Viñedos afectados polas xeadas

Os viticultores teñen ata o 25 de marzo para asegurar a súa colleita 2018 fronte aos riscos de xeada e murchado fisiolóxico co seguro de primavera de Uva de Viño, excepto nas provincias de Almería, Cádiz, Córdoba, Huelva, Málaga e Sevilla, cuxo período xa finalizou.

Na campaña anterior (colleita 2017) subscribíronse a nivel nacional 26.743 pólizas que deron cobertura a máis de 400.000 hectáreas e a unha produción de 2,76 millóns de toneladas. Case o 50% da contratación concéntrase na comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

A sinistralidade correspondente aos danos provocados pola adversa meteoroloxía de 2017 ascende a 77,80 millóns de euros, cun total de 112.000 hectáreas afectadas. As treboadas de saraiba, con preto de 50.000 hectáreas, e as xeadas (fundamentalmente as ocorridas nos últimos días de abril), con máis de 43.200 hectáreas danadas son os fenómenos climáticos que máis afectaron á uva de viño.

Castela-A Mancha, Castela e León e A Rioxa, principais zonas produtoras, son as comunidades autónomas máis afectadas polas xeadas do mes de abril.

Máis información sobre o seguro de viñedo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información