O Consello da Xunta aproba 1 millón de euros de axudas para as explotacións lácteas

Beneficiarán a unhas 1.100 explotacións e irán destinadas á moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación de mozos á actividade agraria. As axudas publicaranse próximamente no Diario Oficial de Galicia

O Consello da Xunta aproba 1 millón de euros de axudas para as explotacións lácteas

Alberto Núñez Feijóo

O Consello da Xunta aprobou hoxe destinar 1 millón de euros no período 2015-2017 a axudas para inxectar liquidez nas explotacións lácteas, con achegas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación de mozos á actividade agraria.

O goberno galego autorizou hoxe o correspondente compromiso orzamentario para habilitar estas axudas. Delas poderán beneficiarse os titulares de explotacións agrarias de vacún de leite que soliciten un período de carencia de ata dous anos na amortización do préstamo concedido no seu día para apoiar investimentos de mellora de explotacións e incorporación de mozos ao agro.

En total, os beneficiarios poderán ser uns 1.100 titulares de explotacións lácteas, que non terán que pagar, durante 2 anos, nin amortización nin xuros.

Estas axudas publicaranse proximamente no Diario Oficial de Galicia, co fin de inxectar liquidez ao sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información