O concello de Lugo non cobrará o alugueiro dos postos da praza e do mercado municipal

Cristina López: “Tratamos de reducir ao máximo as perdas que produza a situación de emerxencia no pequeno comercio”

O concello de Lugo non cobrará o alugueiro dos postos da praza e do mercado municipal

A edil de Participación, Cristina López

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo suspende o cobro do alugueiro dos postos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos. Segundo indicou a edil de Participación, Cristina López, “mentres duren as restricións decretadas polo goberno do Estado, e como medida de apoio ás comerciantes da Praza e do Mercado Municipal, decidimos suspender o cobro do alugueiro dos postos en ambos recintos”.

“Desde a área de Participación tratamos de reducir ao máximo as perdas que produza a situación de emerxencia no pequeno comercio e nos negocios de hostalería destes dous recintos” afirmou Cristina López, que vinculou esta medida ao “compromiso que mantemos desde a área de Participación para converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal nun referente do casco histórico de Lugo”.

Cristina López animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer as compras no pequeno comercio de alimentación que estes días permanece aberto e dando servizo a toda a cidadanía. “É fácil acceder a moitos comercios pequenos que están abertos no centro e nos barrios da cidade xa que as colas son máis pequenas e a subsistencia das persoas que as rexentan depende das compras que fagamos”, declarou a edil de Participación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información