O Centro Tecnolóxico da Carne prevé investir 2,7 millóns de euros en proxectos

O Centro Tecnolóxico da Carne prevé investir 2,7 millóns de euros en proxectos

Reunión do Centro Tecnolóxico da Carne.

O padroado da Fundación do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), ubicado en Ourense, mantivo estes días unha reunión coa Consellería do Medio Rural para trasladarlle o seu plan de traballo para o 2019. O Centro prevé investir un total de 2,7 millóns de euros nos proxectos de investigación que desenvolve en colaboración con empresas agroalimentarias e institucións do sector.

Para o próximo exercicio, o CTC ten previsto colaborar en alomenos 57 iniciativas de I+D+i. No que respecta ao exercicio que remata, só no segundo semestre do ano desenvolvéronse 63 proxectos de I+D+i, case todos colaborativos con empresas e outras entidades do sector agroalimentario, cun investimento global mobilizado de case 22,5 millóns de euros.

A maioría dos proxectos de I+D+i nos que participa o Centro Tecnolóxico da Carne proveñen da participación en convocatorias de carácter autonómico (da Consellería do Medio Rural e da Axencia Galega de Innovación), ou estatal (do Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria – INIA, da Agencia Estatal de Investigación – AEI, do Ministerio de Economía y Competitividad – Mineco, do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial – CDTI e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación – Mapa), así coma outros de carácter internacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información