O Censo Apícola de Galicia sobe en case 12.600 colmeas nun ano e xa supera as 170.000

O Censo Apícola de Galicia sobe en case 12.600 colmeas nun ano e xa supera as 170.000

O número de colmeas en Galicia non para de medrar debido á crecente demanda de mel e doutros produtos apícolas. Así o confirman os datos do Censo Apícola de Galicia: Se en abril de 2017 estaban rexistradas na comunidade 157.547 colmeas, en abril deste ano a cifra subiu a 170.133; é dicir, case 12.600 máis en doce meses.

En canto ao número de explotacións apícolas (titulares) a abril de 2018 é de 4.231, que contan con 8.381 asentamentos, unha cifra tamén superior a abril do ano pasado: 3.955 explotacións con 7.617 asentamentos.

Datos por provincias:

Os maiores incrementos prodúcense nas provincias que lideran a produción apícola en Galicia: Lugo, cunhas 5.000 colmeas máis censadas e, sobre todo, Ourense, cunhas 6.000 máis. En A Coruña o censo apícola increméntase nunhas 1.000 colmeas e en Pontevedra apenas sobe, algo máis de 300 colmeas respecto a abril de 2017.

Ano

A Coruña

Explotacións

Asentamentos

Colmeas

Abril de 2017 892 1352 17609
Abril de 2018 919 1401 18541

 

Ano

Lugo

Explotacións

Asentamentos

Colmeas

Abril de 2017 1309 2426 47289
Abril de 2018 1410 2688 52272

 

Ano

Ourense

Explotacións

Asentamentos

Colmeas

Abril de 2017 1110 2825 76229
Abril de 2018 1212 3208 82567

 

Ano

Ourense

Explotacións

Asentamentos

Colmeas

Abril de 2017 644 1014 16420
Abril de 2018 690 1084 16753

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información