O próximo 9 de xullo non se celebrarán eleccións ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei grazas ao pacto electoral entre as tres candidaturas presentadas ao censo A (viticultores), no que se acorda unha repartición de vogalías.
Este pacto electoral, que se presentou ante a Xunta Electoral en Santiago de Compostela, estivo efectuado polas candidaturas Coalición Electoral Galega de Viticultura (AGV) – Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias- UPA e Asociación Agraria de Galicia.
O devandito pacto foi impulsado polo actual presidente do Consello Regulador, José Antonio Da Silva, que agradece “a colaboración de todos os que lograron e apoiaron este acordo; así como o compromiso co territorio, o que revela que en Monterrei todos camiñan da man para traballar polo progreso e crecemento da denominación”.
Estas candidaturas, tras ser proclamadas de modo definitivo pola Xunta Electoral (no censo A), acordaron a seguinte repartición de vogalías:
– Candidatura A: José Antonio Da Silva Pereira (titular) e Antonia Barreira González (suplente).
– Candidatura B: Elisardo Rodríguez Nieves (titular) e José Antonio Boo Paradela (suplente).
– Candidatura C: Pazo Branco Núñez S.L. (titular) e Manuel Guerra Justo (suplente).
Nos censos B (subcensos B1 e B2) e C presentouse unha única candidatura, por tanto a repartición de vogalías do C.R.D.O. Monterrei, ademais do censo A (exposto con anterioridade) quedará do seguinte modo:
– Censo B1 (Unións Agrarias – UPA): Concepción Paradela Martínez (titular) e Triay Adegas de Oímbra S.L. (suplente).
– Censo B2 (Unións Agrarias – UPA): Crego e Monaguillo S.L. e Boo Rivero S.A.T. (titulares), e Alba Ao-Bar S.L. (suplente).
– Censo C . Sector Cooperativo (Adega Cooperativa Terras do Cigarrón): José Carlos Cid Torres (titular) e José Senén Fernández Justo (suplente).