O aceite de oliva galego xa conta cun selo que garante a súa orixe

Publicidade
O aceite de oliva galego xa conta cun selo que garante a súa orixe

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG -, vén de facer público un selo que garante a produción de aceite con olivas procedentes en exclusiva do territorio galego.

Esta iniciativa, resultado de meses de traballo, consiste na primeira certificación de carácter oficial que poderán utilizar en exclusiva os produtores da asociación APAAG. Tal e como explica o presidente da asociación José García: “O novo selo marca un paso moi importante á hora de garantir que o aceite galego está feito exclusivamente a partir de oliveiras plantadas na nosa comunidade”.

O lugar para dar a coñecer esta nova imaxe foi o antigo local da cooperativa, no concello ourensán de Arnoia, no corazón da comarca do Ribeiro, e onde hai numerosas plantacións de oliveiras.

Ademais, aproveitouse para dar por inaugurada a nova sede da asociación, froito dunha colaboración institucional entre concello e a APAAG.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG – segue, desta maneira, dando pasos de cara á consolidación do sector oliveiral na Comunidade Autónoma de Galicia. A procura dun marco normativo que defenda, garanta e promocione a produción de Aceites de Oliva Virxe Extra procedentes de oliveiras en Galicia é un dos fins principais da APAAG. “Para acadar este obxectivo, o selo é un primeiro paso importantísimo”, en palabras do propio presidente da APAAG.

Asistentes

O acto contou coa asistencia de numerosos asociados e representantes institucionais que viñeron a arroupar esta iniciativa. Avelino Pazos, membro da directiva da APAAG, foi o encargado de facer as presentacións. Posteriormente, falou o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, e o presidente da APAAG, José Antonio García. Ademais destes, interviñeron tamén o presidente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria – AGACAL -, José Manuel Rodríguez, para rematar pechando o acto o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández.

A APAAG

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

Desde APAAG, acompañan aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

LOGO APAG ACEITE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información