“O 65% das colmeas están parasitadas pola varroa”

Entrevista Aránzazu Meana e Miguel Llorens, investigadores do Centro Agrario de Marchamalo, dependente do Goberno de Castela-A Mancha, e un referente en España en investigación apícola.

“O 65% das colmeas están parasitadas pola varroa”

Aránzazu Meana e Javier Lloréns

Aránzazu Meana e Miguel Llorens, investigadores do Centro Agrario de Marchamalo, participaron o pasado mes de abril na Feira Apícola das Rías Baixas, organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, en colaboración coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.
No seu relatorio analizaron o estado actual da loita contra a varroose en España.

Cal é o grao de gravidade da varroose na apicultura española?
Dende a súa entrada en España no ano 1985 a varroose é, por prevalencia (porcentaxe de colmeas parasitadas) e consecuencias patolóxicas para a colonia de abellas, o principal problema sanitario da cabana apícola española. Os datos de prevalencia oscilan entre unhas rexións e outras do noso país e por suposto entre un tipo de manexo ou explotación.

Os datos procedentes de estudos nacionais entre os anos 2006 e 2011 xerados polo Grupo de Investigación EPICONTROL, composta por membros da Universidade Complutense de Madrid e investigadores do Centro Apícola de Marchamalo indican que este ácaro está de forma natural en polo menos o 40% das nosas colmeas. Tamén se verificou que nos últimos anos a cantidade foi maior, case o 65% de todas as colmeas estaban parasitadas. O ácaro encontrouse máis en explotacións de menor tamaño, non trashumantes e colmeas tipo perfección.

“O 65% das colmeas están parasitadas pola varroa, e afecta máis en outono”

Foi sorprendente encontrar unha prevalencia máis alta durante o outono. Este feito posiblemente sexa debido a que en verán as varroas adultas que se encontran sobre a cría empezan a poñer ovos e construír a súa poboación, aproveitando a cría de abellas do final de verán que será a poboación da colonia durante a invernada. Ademais, o maior número de cría e abellas No ano 2005 describiuse por primeira vez o fungo (microsporidio) Nosema ceranae afectando a colmeas melíferas españolas. Dende ese momento e ata a actualidade a súa prevalencia incrementouse e en ocasións igualou ou superado á prevalencia de Varroa destrutor.

Non obstante este incremento da nosemose non leva implícito unha diminución da varroose. As súas porcentaxes viñéronse mantendo ano tras ano, despois mesmo da posta en marcha por parte do Ministerio dun plan para o control deste parásito.

Está demostrado que, en ausencia de tratamento, os ácaros son capaces de matar unha colonia de abellas nun tempo aproximado de dous anos. Este feito, unido á elevada dificultade de erradicar esta enfermidade, fai que todos os apicultores haxan de aprender a convivir con este ácaro realizando un manexo axeitado para o seu control.

“Sen tratamento, os ácaros poden matar unha colonia de abellas en dous anos”

Nun estudo concreto realizado en Galicia no ano 2008, encontráronse parasitadas por este ácaro o 50% das abellas de interior con varroas e algo menos a cría (35,4%). Case a metade das alvarizas indicaban que tiveran perdas importantes de colmeas durante ese mesmo ano. Só a metade dos apicultores aplicaba dous ou máis tratamentos ao ano e sendo o fluvalinato o produto máis utilizado, de forma totalmente correcta só no 37% dos casos. pecoreadoras na época estival, leva consigo inevitablemente á existencia de pillaxe entre colmeas, fenómeno que se describiu como un dos factores principais de diseminación do ácaro entre alvarizas.

Baseándonos nos nosos máis de 25 anos de estudos, consideramos que Varroa destrutor é un parasito re-emerxente en España que chegou a España a finais do século vinte e cuxa prevalencia non só non descendeu no século vinte e un, senón que mantense ou é superior nos últimos anos, e cuxos tratamentos para o seu control son insuficientes ou se realizan dun modo inadecuado. Isto confirmámolo en moitos dos nosos estudos realizados coa Universidade de Valladolid sobre os residuos encontrados en pole almacenado e que son principalmente de acaricidas empregados fronte ao devandito parasito.

A que se debe a aparición de poboacións de varroa resistentes aos fármacos?
Os mecanismos polos que un axente biolóxico se fai resistente a un axente químico que pretende eliminalo son ben coñecidos nalgúns casos (por exemplo das bacterias e o desenvolvemento de resistencias aos antibióticos, ou dos helmintos e a resistencia aos antihelmínticos) e estes mecanismos son específicos e moi variables, pero quizais todos teñen algo en común. En moitos casos é unha selección natural dunha poboación por unha inadecuada aplicación da pauta terapéutica.

Nosema ceranae en epitelio do ventriculo

Nosema ceranae en epitelio do ventriculo

O proceso de deseño e aprobación dun medicamento é custoso e complexo, e unha vez chega ao mercado, faino cunha efectividade demostrada nas condicións de aplicación que se indican nas especificacións o produto. Calquera variación desta posoloxía pode levar consigo, no peor dos casos, unha sub-dosificación do produto.

“Non se aplican ben os tratamentos contra a varroa”

É nestas condicións de sub-dosificación nas que os mecanismos naturais de defensa e mellora xenética das especies son máis efectivos á hora de promover a selección por supervivencia de mutantes que xenéticamente teñen a capacidade de sobrevivir ao produto. E é imprescindible recordar un factor clave como é a elevada capacidade reprodutora de varroa; o que fai que en pouco tempo duns poucos ácaros resistentes, toda a descendencia leve os xenes que lle confiren a resistencia.

Como se pode facer fronte a este problema?
Primeiro e principal, que sempre que se faga uso dun medicamento químico se aplique de acordo coas condicións do fabricante e sempre baixo prescrición veterinaria. Nas nosas múltiples visitas a compañeiros do sector detectamos unha realidade que, con particularidades, se repite: non se están a aplicar axeitadamente os tratamentos químicos. Hai varias causas que levan a este problema pero as que consideramos que máis se repiten son:

– A case totalidade dos produtos foron avaliados para a súa aplicación nunha colmea Langstroth, cun volume de 44,5 litros. Non obstante, a maioría da nosa cabana apícola manéxase en caixas Layens, cun volume de 70 litros e unha menor capacidade de ventilación polo tamaño do seu burato. Polo tanto, a aplicación de calquera produto químico nestas colmeas Layens leva implícita a subdosificación.

– A aplicación dun número inadecuado de tiras acaricidas, ben sexa porque o apicultor considera que o grao de infestación da colmea non require unha dose completa, porque a dose completa dese problemas no mantemento da integridade da colonia e se opte por dosificar unha cantidade menor, ou por calquera outra razón.

– Óptase por tratamentos artesanais que, efectivos ou non, interaccionan coas moléculas químicas comerciais dada a súa similitude.

– Razóns económicas que levan a que só determinadas asociacións opten por financiar os tratamentos para dous momentos do ano co plan de control do Ministerio. A maioría só reciben os produtos en outono.

Sen que sexa a nosa intención realizar ningún xuízo das razóns que poidan levar a un apicultor a realizar un tratamento artesanal, dado que entendemos que por riba de todo o apicultor trata de defender sempre a integridade da colonia e a súa supervivencia no tempo, o que si que entendemos é que unha mala posoloxía dos produtos favorece de forma inequívoca o desenvolvemento de resistencias aos fármacos.

“Doses por debaixo das recomendadas favorecen a resistencia aos fármacos”

A segunda forma de facer fronte a este problema, non por iso menos importante, é realizar un control integral da praga que non estea baseado unicamente no emprego de fármacos químicos. O obxectivo fundamental desta formulación é manter sempre en porcentaxes baixas a poboación de ácaros na colmea empregando técnicas de manexo apícola e tratamentos de base natural, de forma que se poida reservar o produto químico para os momentos máis críticos.

Cónstanos que son moitos os compañeiros veterinarios dedicados á apicultura que tratan de fomentar este control integral que xa se realiza noutras especies gandeiras. Non obstante é fundamental a concienciación e a colaboración dos profesionais para que poida levarse a cabo de forma eficaz.

Varroa

Varroa

Fálase de exceso de uso de fármacos en apicultura. Considerades que realmente é así?
Consideramos que máis que un problema de exceso existe un problema de mala aplicación. Pode existir exceso a nivel individual dado que algúns profesionais confían o control da varroose exclusivamente aos fármacos, o que implica que en casos moi concretos poida existir un emprego excesivo de fármacos. Cos datos que temos no noso país a aplicación de tres ou catro tratamentos ao ano é realmente excepcional.

Un dos exercicios que cada ano facemos é cruzar os datos do censo apícola que publica o Ministerio e os de venda de medicamentos que publica a patronal Veterindustria. De acordo co RD 608/2006 é obrigatorio o tratamento fronte a varroa polo menos unha vez ao ano con algún dos produtos aprobados e publicados no listado da AEMPS. Non obstante ao cruzar ambos os dous datos vemos que mentres que o censo se mantén ano tras ano en torno aos 2,5 millóns de colmeas, se vende produto autorizado para 1,6 millóns de colmeas.

“Non se aplican os tratamentos necesarios contra a varroa”

Se consideramos que en moitas rexións españois, débense tratar dúas veces ao ano para controlar axeitadamente a multiplicación do ácaro, faise evidente que moitas colmeas non reciben nin un produto aprobado, nin na posoloxía axeitada.

Unha das liñas de investigación das que se fala é a de poboacións de abellas melloradas xenéticamente para resistir á varroa. Que pensades desta liña de traballo?
Que dificilmente logrará ofrecer resultados a curto prazo. Falamos de moitas razas de abellas e moi diferentes pautas de manexo, colmeas e climas, ademais de coñecer a existencia de varroas de diferente patoxenicidade.

Algunhas especies de varroa conviven coas abellas sen causarlles dano aparente. Lamentablemente en España, cada vez que o estudamos, seguimos tendo só Varroa destrutor tipo coreano, a máis patóxena.

Opinión máis favorable merécenos a selección de liñas xenéticas que requiran un menor tempo de operculado para a maduración da cría. Ese menor tempo de operculado está directamente ligado á obtención dunha xeración menos de ácaro maduros por ciclo, o que reduce notablemente a curva exponencial do seu desenvolvemento.

“É interesante a selección de liñas xenéticas que requiran un menor tempo de operculado para a maduración da cría”

A aparición de apicultores que crían abellas con celas de menor tamaño está na liña de criar abellas máis pequenas cun menor tempo de operculación o que se fai que o ácaro de multiplique menos. A nosa opinión é que faltan datos e estudos que demostren cientificamente o seu efecto no control da poboación de ácaros e na produción das colmeas así seleccionadas.

Algúns apicultores consideran que a varroose é un problema que a industria farmacéutica está interesada en cronificar con tratamentos farmacolóxicos e non en ir á raíz do problema. Que opinades ao respecto?
Non entramos a valorar teorías “conspiranoicas”. Algo similar se escoita todos os anos cos piollos. Cada cal é libre de formarse unha opinión propia a través do estudo e a análise crítica. O que a nós nos interesa é o que a ciencia é capaz de achegar para mellorar a vida da xente. E lamentablemente ata a data na loita varroa-home non imos gañando. Seguiremos poñendo todo noso bo facer en tratar de dar solucións axeitadas aos problemas da sociedade.

Que recomendacións de manexo aconsellades aos apicultores para previr e facer fronte á varroa?
O primeiro é saber cantas varroas teñen. Xa non é só unha cuestión de saber se hai ou non hai, senón de valorar cantas. Existen distintas opcións ás que os apicultores poden acudir para determinar o nivel de parasitación das súas colmeas. O que é inherente a todas elas é o traballo rigoroso, sistemático, constante e sobre todo, deixar constancia escrita de todo o que se observa. Nós nas nosas colmeas traballamos con fondo sanitario, pero un nivel de parasitación pódese calcular de igual modo coa “proba do azucre glass” ou desoperculando un número determinado de celas de cría, sobre todo abázcaros.

Varroa en celda

Varroa en celda

Unha vez coñecido o nivel de parasitación, o seguinte é determinar un límite de intervención por parasitación moderado e outro límite de intervención por parasitación severa. Eses límites están fixados nalgúns países, pero non en España polas grandes variacións entre unhas rexións e outras. Pero será nas parasitaciones severas no que aconsellamos o emprego de formulacións químicas de control, mentres que se o nivel de parasitación é moderado, entendemos que é mellor realizar operacións de manexo como poida ser a retirada de abázcaros (na época do ano en que se crían abázcaros) ou o emprego de produtos de base natural.

Que aconsellades na aplicación de fármacos contra a varroa para evitar problemas de residuos?
Que se sigan as pautas do fabricante e que ante calquera sospeita de que as devanditas pautas levan consigo problemas de residuos ou mesmo sanitarios por efectos inesperados se utilice a tarxeta verde de alertas de fármaco-vixilancia para que a AEMPS poida pedir ao laboratorio que actúe en consecuencia. Calquera veterinario coñece o proceso para esta especie animal ou outra.

Hai produtos que se poden usar con cría e outros que non, os hai que se administran nunha soa dose ou que deben deixarse dentro da colmeas varias semanas e a cantidade de produto está claramente especificada no prospecto. Alguén administraría un antibiótico nun cubo a vacas leiteiras? A posoloxía debe respectarse en cantidade, tempo e vías de administración.

Como investigadores en apicultura non podo evitar preguntarvos pola desaparición das abellas. A que credes que se debe?
Trátase dun problema complexo para o que a comunidade científica non ten unha resposta unánime, que explique o que aconteceu estes últimos anos en moitas partes do mundo. Cada vez é máis evidente que están implicados axentes patóxenos que por si sós son capaces de rematar cunha colonia de abellas (como Varroa destrutor ou Nosema ceranae) e que ademais existen múltiples factores, biolóxicos e doutra natureza, que están a afectar de xeito cambiante ás colonias de abellas. A afectación conxunta de factores parece facelo de forma sinérxica, polo que o resultado é maior que o dano provocado por cada un dos axentes por separado.

Non debemos esquecer que ao igual que noutras gandarías, hai moitas causas que explican a morte das abellas, das vacas ou dos cans e que non se pode falar de todas as causas de morte coma se só houbese unha. Esta comprobado que Varroa mata como outras moitas causas, pero de igual modo está comprobado que non é a única.

Abella parasitada por varroa.

Abella parasitada por varroa.

Se cando se fala de desaparición de abellas, se fala do fenómeno detectado a principio do século vinte e un en todo o mundo, queremos deixar constancia de que, sexa o que sexa, habemos de agradecerlle o grande interese xurdido tanto no mundo científico coma no social. Poucas persoas hai que non estean preocupados polas consecuencias da desaparición destes magníficos e servizais insectos e poucas veces se investiu tanto diñeiro en coñecer o seu mundo e o que lles afecta. Todos estes estudos están a xerar unha gran cantidade de información que indiscutiblemente levará consigo un maior coñecemento que mellorará o estado sanitario desta gandaría.

Cando a principios do século vinte e un, centenares de apicultores encontraban as súas colmeas baleiras sen signos clínicos recoñecibles, o proceso foi similar ao que aconteceu en 1985 cando un ácaro procedente do sueste asiático –Varroa destrutor– entrou en España. Pero esta vez, o axente que detectamos foi Nosema ceranae, un microsporidio que aparentemente tamén procede do sueste asiático. A gran diferenza é que os apicultores podían recoñecer o ácaro a simple vista e o microsporidio non e ademais xa coñecían outro microsporidio (Nosema apis) distribuído por todo o mundo que evidentemente complicou as cousas. Pero todo apicultor sabe que o control destas dúas enfermidades garante unhas colonias sas e produtivas, como nos tempos nos que ningún deles estaba no noso país.

Algunha cuestión máis que queirades comentar?
Recordar que a cría de animais para obter produtos útiles para o home, leva consigo a responsabilidade de asegurar o benestar dos animais e a calidade sanitaria dos seus produtos. Os nosos moitos anos de contacto cos apicultores españois, permítennos aseverar a atención e o coidado que teñen coas súas colmeas. Pero ao igual que cando un tenreiro ten diarrea, se recorre ao profesional veterinario, na apicultura debe facerse igual, evitando a administración de produtos ou medidas sen un rigor científico.

Como docentes veterinarios debemos incidir en que, aínda que a apicultura non ocupa un papel prioritario no curriculum actual dos estudos veterinarios, os alumnos reciben as bases adecuadas para realizar o seu traballo en canto a profilaxe e metafilaxe de procesos transmisibles, así como bases zootécnicas para mellorar a gandaría coa que traballan. A demanda social e, en especial, dos apicultores de profesionais veterinarios especializados, que resolvan os graves problemas da apicultura en España, suscitou a aparición de estudos universitarios específicos como o Titulo Propio de Especialista en Produción e Sanidade Apícola impartido o próximo curso na Universidade Complutense de Madrid.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información