Novidades do seguro de gando vacún para a campaña 2019

Agroseguro celebrou recentemente unha xornada informativa en Santiago de Compostela (Galicia) sobre as novidades dos seguros de gando vacún -de reprodución e produción e de cebo-, así como dos de gando ovino e caprino, porcino e dos seguros de retirada e destrución de animais mortos para a campaña 2019.

As principais novidades nos seguros de gando son:

A) Gando vacún de reprodución e produción:

-Mellora na valoración dos animais.

-Amplíase a garantía de morte súbita para réximes cárnicos de 107 a 119 meses.

-Accidentes en réximes lácteos: inclúese nos 7 días postparto os accidentes de atropelo, esmagamento, despeñamento, afogamento, estrangulamento, electrocución, ou traumatismos alleos ao sistema locomotor.

-Amplíase a garantía de ataques de animais, incluíndo os gastos veterinarios dos tratamentos realizados sobre os animais, cun máximo de 150 euros por sinistro.

-Nos centros de recría, non se aplicará carencia aos animais procedentes de explotacións aseguradas e, ademais, permítese o aseguramento de animais de explotacións lácteas (xovencas e tenreiras) de alta valoración xenética.

B) Gando de vacún cebo: modifícase a táboa de valoración a efectos da indemnización para animais de aptitude láctea.

C) Gando ovino e caprino: inclúese o grupo de razas carne non puro nos riscos de tembladera, saneamento por brucelose e saneamento por tuberculose caprina.

En todas as liñas de gando, levouse a cabo un axuste de tarifas co fin de garantir o equilibrio técnico de cada liña.

Para máis información consulta esta ligazón

AGROSEGURO 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información